arenteirosenda

 

O sábado 8 e domingo 9 de Xuño pasaremos, aquelas que queiran, unha fin de semana polo Ribeiro do río Arenteiro (Comarca do Carballiño), no que faremos un roteiro polas vellas Terras de Orcellón, coñeceremos algúns destes camiños de arrieiros, con multitude de atractivos naturais e patrimoniais (paisaxes, montes, árbores, cultivos, ríos, cruceiros, pontes, casas e pazos, igrexas, fontes, castelos, penedos, fábricas de papel, castros, etc), así como unha longa visita a un gran xacemento arqueolóxico, nestes territorios dominados polo Miño e os seus afluentes.

Este ano non faremos visitas a produtoras.

Apuntarse no seguinte formulario onde está detallada a información completa da ruta :

  https://forms.gle/732dMbUvpiqc32kV7

 

Coma sempre, iremos nos nosos vehículos, que compartiremos.

 

A saída será ás 8,30 da mañá dende diante do local de Zoca

Durmiremos na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, en habitacións de 2 a 6 persoas, onde faremos a cea ovo-lacto-vexetariana, o almorzo, e incluirá o xantar pic-nic do domingo.

Prezo por persoa no albergue: 28 € (14 € as menores de 12 anos), que inclúe durmir na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, cea, almorzo, e xantar do domingo. A maiores calculade 5-7 € por persoa dependendo das visitas que fagamos.

 

¡¡Poderán ir persoas amigas de fora de Zocamiñoca!!

 

 

 

 


Rede Galega de consumo responsábel