DATA: SABADO, 27 DE XUÑO

1ª CONVOCATORIA: 11,30 am 2ª CONVOCATORIA: 12,00 pm

 

LUGAR: PARQUE DE EIRÍS – no anfiteatro (entre a lagoa dos parrulos e os restos do vello pazo). Aquí:  https://goo.gl/maps/UkCzdnTViCbWNn9T7

O motivo de facer a Asamblea ó aire libre ten a motivación principal de cumprir cas medidas de protección e distanciamento, que dificilmente poderiamos cumprir no local. Pero ademais, desexamos que esta Asamblea sexa tamén un día de reencontros logo de varios meses, polo que ó rematar, aquelas socias que lles apeteza, faremos o xantar no mesmo parque.

ORDE DO DIA:

  • Benvida á asemblea, a cargo de Olga Romasanta.
  • Relato do último ano de Zocamiñoca, a cargo de Justyna e Maru. (dende o último Zoquelarre: traballo e accións dos grupos, principalmente “productoras”, “economía” e agora “local”, eventos realizados, melloras de calidade, integración socias máis recentes etc.)

  • Contas da cooperativa 2019, a cargo do grupo de economía.

  • Puntos informativos: Produtoras, Economía, Situación durante la pandemia.

 Importante: NORMAS para ese día:

  • Manteremos as distancias recomendadas.
  • Usaremos mascarilla sempre que sexa necesario.
  • Cada quen levará a súa comida, vasos e cubertos, compartindo sempre que sexa ca debida prudencia e medidas hixiénicas.
Nota final: precisariamos que algunha persoa socia mirara polas máis pequenas, para poder liberar ós pais que veñan á Asamblea. (Voluntari@s escribir a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

 


Rede Galega de consumo responsábel