Protocolo Covid-19 Zocamiñoca
Con motivo da expansión do virus Covid-19, para protexernos e para evitar que se propague o virus, en Zocamiñoca adoptamos unha serie de medidas prácticas. Son as seguintes:
- As persoas que teñades síntomas de estar enfermas, particularmente cando coinciden coas descritas polas autoridades para o Covid-19, non veñades polo local de Zocamiñoca. Contactade con outra socia que viva preto de vós ou coa cooperativa para que vos poña en contacto ou solicitade o bicipedido (logo de tentar as outras vías).
- As persoas que estivérades en zonas de risco ou en contacto con persoas con síntomas ou enfermas, tampouco veñades polo local de Zocamiñoca por precaución, podedes estar incubando sen síntomas e é perigoso para todas, podemos estar axudando a propagar a enfermidade. Acudide igualmente a outra socia próxima ou ao bicipedido.
- Se se vos diagnostica coronavirus é moi importante que avisedes canto antes á Coordinadora escribindo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao 698183847, especialmente se pasastes polo local nos últimos 15 días.
- Reduciremos o número de persoas que veñan recoller o pedido, organizándonos para que unha soa persoa recolla o pedido de varias. Vimos de crear 10 grupos de Telegram para poñer en contacto ás socias por zonas de residencia e para favorecer a organización entre nós para vir recoller o pedido durante as vindeiras semanas.
- O socio traballador empregará luvas e mascarilla. Recomendamos ás socias traer luvas e marcarilla propias da casa (no local haberá luvas pero non podemos garantir que chegue para todas).
- Todas as persoas que entren no local de Zocamiñoca deberán lavar as mans ou luvas ao entrar e ao saír do local. Á entrada hai unha solución alcohólica para a limpeza sen auga.
- Procuraremos non estar máis de 2 persoas ao mesmo tempo mercando. No caso de que vexamos que se acumule máis xente, pediremos ás socias que agarden fóra.
- Manteremos unha distancia de polo menos 2 metros entre persoas no local. Estaremos un máximo de 1 persoa en cada un dos espazos de compra (produto fresco/outros produtos). Habilitaremos o cobro para que a separación entre o socio traballador e as socias consumidoras sexa a máxima.
- Tentaremos facer a compra de xeito áxil, sen liarnos a falar, para evitar pasarnos de tempo.
- Existe un doodle para que as socias apuntemos a hora na que imos ir recoller o pedido. Se pinchades na ligazón e introducides o voso nome, podedes anotarvos. Tentade anotarvos a horas que non estean collidas (franxas de 15 minutos por cada pedido que haxa que recoller).
- Desinfectaremos as manillas, billas, básculas, teclados, superficies,as palas de coller os graneis e outras superficies de uso común un par de veces ao día.
- Os grupos de limpeza están tomando medidas especiais de hixiene durante esta época.
- Até que se suspenda a situación de alarma, quedará prohibido consumir ningún produto de alimentación dentro do local de Zocamiñoca.
- As persoas que veñades recoller os pedidos, deberedes vir soas en caso de que empreguedes o coche privado para facelo. Lembrade que no caso de que volo requiran nalgún control, podedes amosar a confirmación de pedido no móbil para xustificar o voso desprazamento á cooperativa.
- Pedimos paciencia polas posibles incidencias que poida haber co pedido, especialmente nestas vindeiras semanas. Estaremos atentas das novas, e calquera outra medida extraordinaria que se tome, será convintemente comunicada.
Para calquera dúbida que teñades, escribide a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamade ao 698183847, e tentaremos respostar o máis rápido posible.
Apertas e coidados colectivos!