fotopambre

Este sábado 6 e domingo 7 de Maio pasaremos, aquelas que queiran, unha fin de semana polas Terras de Melide e A Ulloa, durante a que teremos tempo para:
- Facer unha visita para coñecer as instalacións e museo de “ARQUEIXAL”, a produtora que nos abastece de queixo da Ulloa: http://www.arqueixal.com/.

- Faremos da man de Pancho varios roteiros arqueolóxico-patrimoniais por estas comarcas. Coñeceremos lugares recentemente descubertos dignos de Obelix, dolmens, pinturas murais góticas, castros colgados sobre ríos, e outros en chairas, o castelo de Pambre, fervenzas, igrexiñas, pazos e torres sorprendentes, e incluiremos, se o tempo acompaña, uns pequenos roteiros a pé.
Durmiremos nas instalacións da CASA DA TERRA, onde hai aloxamentos distintos aptos para todas, dende habitacións individuais-familia, ata compartidas en albergue ou zona de acampada. Alí faremos a cea do sábado e máis o almorzo do domingo, que serán ovolacteovexetarianos: http://casadaterra.com/

A idea é levarmos o xantar para ambos días, a base de bocatas ou o que cada quen queira, para ambos días, e así aproveitar o tempo. Poderiamos parar en Melide nalgunha tenda para facer algo de compra.

Maís información de como anotarse e prezos da estancia en zocaminhoca(aroba)gmail.com


Rede Galega de consumo responsábel