zoquelarreConvocamos a tódalas socias  a participar no IV Zoquelarre o vindeiro  sábado 20 de maio as 10:30 h  no local de zocamiñoca (Av/Concordia 199 baixo).

Lembramos, para as que non teñades seguido a creación destas xuntanzas, que a idea dos Zoquelarres é crear un novo espazo de decisión e participación na cooperativa, para axilizar o funcionamento de Zocamiñoca

Recordar que a organización destas reunións é rotativa, polo que a idea é que algunha das participantes colabore na xestión do seguinte Zoquelarre de aquí a dous meses.

ORDE DO DIA:

1. Información legal sobre a Inspección de Sanidade

2. Organización do local

3. Protocolo de acollida de novas socias. Como está funcionando?

4. Propostas para mellorar o sistema de limpeza semanal

5. Avaliación do Zoquelarre 

Agardamos a vosa presenza


Rede Galega de consumo responsábel