IpopupEste xoves 7, venres 8 e  sábado 9 de novembro no Mercado de San Agustín da Coruña celebrase a mostra de iniciativas de economia social PopUP.

Unha iniciativa impulsada por EspazoCoop que forma parte do proxecto europeo LACES, co que se pretende fomentar a economía social na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

Dentro da programación do evento están previstas sesións de presentación das 13 cooperativas participantes: Mulleres Colleiteiras, Triwus, Fiare Banca Ética, Unidade Lémbrate, D-Raíz, A Factoría, 7H Coop, Árbore Arqueoloxía, Laboratorio Escénico, Plano Pementa, Mercado da Terra, Alcrique e Ribeiregas.

Haberá Faladoiros sobre a economía social; organizaranse actividades en diferentes Obradoiros con participación de Zocamiñoca; exhibirase unha demostración de danza On, da man de Alba Fernández Cotelo; e está prevista unha degustación de produtos da economía social para o sábado 9 á 13.30 horas acompañada da música de Petit Swing.

Pódese consultar todo o programa na seguinte ligazón :

https://popup.espazo.coop/programa-de-actividades-pop-up-coruna/

 

 


Rede Galega de consumo responsábel