Horario: 10 - 14 e 16 a 20. Xantar de 14 a 16 no local de Zocamiñoca
Os obxectivos principais desta xornada son:
PROGRAMA
10h - 14h: Exposición das cooperativas de consumo L'Aixada de Barcelona http://aixada.org/) , La Garbancita Ecológica de Madrid http://www.
Estratexias de participación
Estratexias de comunicación.
Estrutura organizativa.
14h - 16h: Xantar Vegano a cargo da iniciativa de socias da cooperativa "A Factoría Verde" no local de Zocamiñoca (a un coste de 5€)
16h - 20h: Espazo Aberto (Traballo interno para socias de Zocamiñoca)
Tes propostas de futuro para Zocamiñoca? Algunha idea que pensas sería de utilidade à cooperativa? Algo que che preocupa e precisas explorar con outras socias? Durante a segunda parte da Xornada, daremos espazo e tempo aos retos e dificuldades coas que nos enfrentamos na atualidade. A técnica que utilizaremos, o Espazo Aberto, ten como obxectivo xerar unha serie de propostas reais coas que iniciar a acción con confianza e responsabilidade. Compartiremos ideas e experiencias nun ambiente cálido e seguro onde non faltará café, té e boliños para todas.
Este sábado 16 de maio ás 12h no noso local, celebrarase unha degustación de sidra ecolóxica e artesá dun pequeno proxecto que se atopa en Bergondo: Sidras Reboredo.
A empresa de catering ecolóxico Leiralonga aportarán o seu grao de area á celebración cos seus pinchos (haberá un bote para quen queira poda aportar algo para sufragar o custe dos pinchos).
Bo día e boa hora para desfrutar dunha boa sidra, un aperitivo e boa conversa. Apetéceche? Vémonos o sábado!!!