Como formar parte

Os pasos para formar parte da cooperativa son os seguintes:

Informarte de quen somos, como funcionamos, cal é a nosa filosofía, ... Tes os estatutos da cooperativa no seguinte enlace: estatutos da cooperativa zocamiñoca en pdf e o Regulamento de Rexime Interno no seguinte: regulamento de rexime interno da cooperativa zocamiñoca en pdf. Podes tamén solicitar información complementaria por correo electrónico escribindo a zocaminhoca (arroba) gmail (punto) com.

2º Visitar o noso local na Av da Concordia, 199 - baixo. O horario de reparto é mércores de 18:30h a 21h e xoves de 12h a 14h e de 18:30h a 21h. Poderás ver físicamente o local onde facemos o reparto, os produtos dos que dispoñemos actualmente e explicarémosche con máis detalle o funcionamento da cooperativa.

3º Solicitar un usuario de proba, co cal poderás facer 3 ou 4 pedidos de proba antes de ter que facerte definitivamente socia. Poderás deste modo probar os produtos, ver o que te supón económicamente e probar como te adaptas ao noso sistema de consumo.

4º Cubrir o formulario de inscrición e ingresar o capital social de alta como socia. Para ser socia consumidora da Cooperativa Zocamiñoca deberas ingresar 150 euros (que serán devoltos se nalgún momento decides deixar de ser socia) e pagar 8 euros mensuais (domiciliados cada 3, 6 ou 12 meses).

Desde ese momento serás xa socia consumidora da cooperativa con todos os seus dereitos. Explicarémosche entón o funcionamento dos grupos de traballo de participación voluntaria nos que vos animamos a formar parte na medida das vosas posibilidades. Hai moitas cousas que podemos facer para axudar ao bo funcionamento da cooperativa, e tamén para cumprir os obxectivos reflexados nos nosos estatutos e regulamento de réxime interno.

Saúdos zocamiñoqueiros!

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel