Ecopez

 DUN MAR SOSTIBLE A UN COMERCIALIZADOR RESPONSABLE”


Restaurante BANIA (C/Cordelería 7) en A Coruña 24 de novembro de 2012


9.00 horas ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

9.30 horas Apertura e Benvida

9.45 horas Proxecto ECOPEZ. Presentación a cargo de Miriam Montero de Fundación Lonxanet.

10.15 horas Contextualización: A sustentabilidade nos diferentes sistema produtivos da pesca. Por Marta Cavallé Abadal.

11.00 horas Certificación de recursos pesqueiros. Por Pedro Ferreiro, consultoría medioambiental sobre MSC.

11.45 horas DESCANSO - CAFÉ

12.15 horas VOCES DO MAR: Mar de Ortegal e Mar dos Meixidos

Clips audiovisuais que mostran artes selectivas propias da pesca artesanal.Mesa redonda a cargo de Primitivo Pedrosa (pescador artesanal de Muros), Ramón Tarridas (pescador artesanal de Arenys de Mar) e Salvador Grueiro (distribuidor).

13.00 horas EMPRENDIMIENTO NA COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS PESQUEIROS ARTESANAIS.

Oportunidades de comercialización directa: Un exemplo, unha oportunidade. Ramón Tarridas, pescador de Arenys de Mar

13.45 horas CONSUMO RESPONSABLE DE PRODUTOS PESQUEIROS ARTESANAIS

Mesa redonda cos grupos de consumo e pescadores artesanais sobre o interese polos produtos pesqueiros artesanais. Moderado por Fundación Lonxanet.

14.30 horas TALLER DO GUSTO

Laboratorio do gusto con especies de pesca artesanal galega promovendo a recuperación de sabores orixinais na gastronomía a cargo dos restauradores galegos do Restaurante Bania.

16.30 horas Conclusións da xornada, a cargo de Miriam Montero, de Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible.

17:30 horas Clausura da Xornada por representantes de Grupos de Consumo.

 

* Xornada gratuita 

agroindustria - Share on Ovi

A partir do 3 ao 6 de decembro de 2011, o Tribunal Permanente dos Pobos (PPT) polas súas siglas en inglés, reunirase en Bangalore, India para escoitar casos contra seis empresas agroquímicas multinacionais que están acusadas de violar os dereitos humanos. Isto foi mediante o fomento da confianza na venda e uso de agrotóxicos recoñecidos de menoscabar os dereitos internacionais e de destruír a saúde, o sustento e a vida.

A Rede de Acción en Praguicidas Internacional (PAN) polas súas siglas en inglés, levará a cabo o tribunal popular contra as corporacións xigantes de agrotóxicos responsables de innumerables violacións contra os dereitos humanos. Os acusados serán: Monsanto, Dow, BASF, Bayer, Syngenta and DuPont denominados como o Seis Grandes.

Ler máis...

fishnet - Share on Ovi

Peixes contaminados nas nosas mesas e a poboación pesqueira cada vez máis decimada. En que despachos, quen e como se xestionan estas calamidades? No caso español hai mostras evidentes de que os representantes non actúan da forma máis adecuada. No Parlamento Europeo en ocasións acúsase a España de encubrir a pesca ilegal e fagocitar os recursos naturais; pero cando os pescadores protestan ante eles pola grave situación pola que están a pasar, os representantes españois explican que en Bruxelas ninguén lles entende nin lles respecta.

Ler máis...

REDE SOCIAL - Share on Ovi

É noticia das últimas semanas que Google volverá tentar facer negocios co mercado das redes sociais. O xigante da rede non está disposto a quedar impasible ante os dólares que entran a ríos nas caixas de Facebook. Fronte a esta nova demostración de que as Redes Sociais en Internet (RSI) son un dos principais obxectos de desexo para o mercado, hai outras alternativas que xorden desde e cara aos movementos.
Neste escenario, como pode situarse un movemento social? O último en chegar, o movemento 15M, foi, de face ao gran público, un movemento que alcanzou difusión sobre todo grazas aos tuits (mensaxes de Twitter) e aos grupos de Facebook. Pero o movemento non se limitou a usar os servizos destas empresas multimillonarias, consciente de que, como dicía a escritora feminista Audre Lorde, "as ferramentas do amo nunca desmontarán a casa do amo". Baixo esta lema escóndese a filosofía de N-1, unha rede social baseada en software libre que forma parte do proxecto Lorea, sementeiro de redes sociais presentado no Hackmeeting de 2009.

Ler máis...

cogombro - Share on Ovi
A 'crise dos pepinos' ou mellor dito o brote de E. Coli que afecta o norte de Europa, é unha boa ensalada onde se mesturan alarmas, angustias e mensaxes de confianza. Á espera de respostas definitivas sobre as súas orixes, e agora que temos aos pepinos absoltos, paréceme imprescindíbel abrir algunhas reflexións sobre o sistema alimentario global polo que optamos nos países desenvolvidos (e que se impuxo aos países do Sur empobrecido).

O sistema en cuestión foi deseñado para producir algo parecido a alimentos a custos moi baixos, tanto económicos, sociais como ecolóxicos; pero que poida producir altos beneficios a quen se dedican á súa comercialización. Os alimentos, lonxe de considerarse como unha necesidade e un dereito, enténdense como unha mercadoría sen máis. O caso dos pepinos é un bo exemplo: os esforzos para cultivar, regar e cultivar un pepino representarán para o agricultor ou agricultora 0'17 euros por quilo vendido. A poboación consumidora pagará 1'63 euros por quilo. É dicir, un incremento superior ao 800%...

Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel