Digital Handcraft - Share on Ovi

O próximo 8 de xuño, coincidindo co lanzamento mundial do teléfono iPhone de Apple de cuarta xeración, celebrarase en Hong Kong, China continental, Taiwan e noutros lugares do mundo diversos actos de solidariedade para celebrar a Xornada Mundial en Recordo das Vítimas de Foxconn.

E é que desde o pasado 27 de maio, 10 traballadores de entre 18 e 24 anos suicidáronse nas instalacións de produción de Foxconn Technology Group, e outros 2 atópanse en estado grave tras tentalo. Foxconn, con sede en Shenzhen e propiedade de Taiwan é provedora de Apple, Nokia, HP, Dell, Sony, Sony Ericsson, Nintendo e Motorola, marcas en feroz competencia e cuns prazos de entrega cada vez máis curtos, o que redunda nunhas condicións laborais inhumanas.

Foxconn ten perto de 20 plantas en China e outros países e uns 800,000 traballadores. Segundo os seus informes anuais, entre 2008 e 2009, Foxconn International, unha filial do Grupo Foxconn Technology, contratou a 10.000 traballadores (9,7%) ampliando o persoal a 118.000, mentres que o seu custo de produción diminuíu nun 28% (187 millóns de dólares menos).

As traxedias en Foxconn demostrou tamén que a Coalición Cidadá da Industria Electrónica (EICC polas súas siglas en inglés), composta por máis de 40 marcas electrónicas, non protexe os dereitos laborais do sector. Para evitar que se volvan a dar estas situacións, o mecanismo de RSC (Responsabilidade Social Corporativa) da EICC necesita unha reforma inmediata e completa: aumentar a súa transparencia, facilitar a participación dos seus empregados/as, e mellorar as súas prácticas de compra e sistema de auditorías.

Ante os suicidios, o Conselleiro Delegado de Foxconn, Terry Gou afirmou que "as vítimas suicidáronse ante a vontade da empresa de compensar xenerosamente ás súas familias". Esta resposta foi considerada un insulto ás persoas falecidas e ás súas familias, ademais de considerar que elude responsabilidades por parte da empresa, polo que diversas ONG, entre elas a española SETEM (dentro do proxecto "Procure IT Fair" *) así como outras organizacións da sociedade civil chinesa e taiwanesa solicitaron investigar en profundidade a elevada taxa de suicidios nas instalacións de Foxconn e reformar a xestión da empresa e realizar eleccións democráticas sindicais. [Máis información e firmas en apoio a estas peticións http://sacom.hk/archives/645 (inglés)]

---------------
(SETEM pon a disposición dos medios que o soliciten, IMAXES nunha copia do DVD documental "Dixital Handcraft, China's global factory for computers" realizado dentro do seu proxecto "Procure IT Fair-Campaña para a compra pública de computadores" de 28 minutos de duración e con subtítulos en español.)

Máis información:

Marta Isabel González Álvarez,
Responsábel de Comunicación SETEM - (Madrid e CLM)
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Tfno. 91 549 91 28 Extensión 30

*"ProcureITFair-Campaña para a compra pública ética do ordenadores" proxecto internacional desenvolvido desde 2008 por WEED (Alemaña), Südwind Agentur (Austria), EAP (República Cheka), Somo (Holanda), KARAT (Polonia) e SETEM (España). O seu obxectivo é denunciar as condicións laborais e ambientais na fabricación de computadores e solicitar a políticos e administracións públicas que esixan que se cumpran as normas internacionais na cadea produtiva global de produtos informáticos

Via --> economiasolidaria.org


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel