Bio-construçom - Share on Ovi

O presente escrito nace como resposta á crecente deterioración da nosa contorna, nun intento de axudar a desenvolver unha "conciencia global", até o ponto que cada individuo poida sentirse como unha enzima desta célula cósmica chamada Terra, onde todo está tan interrelacionado e é tan interdependente que, inevitabelmente, o noso desenvolvemento como sociedade é froito da suma do desenvolvemento de cada un dos individuos que a compoñen, reflectíndose este no respeito pola nosa contorna tanto no referente ao medio, digamos, físico como con respeito aos seres que o habitan.

Debemos ser conscientes (e é a nosa responsabilidade para coas futuras xeracións) de que todo o que un ser vivo realiza repercute nos demais, de tal maneira que unha acción nunca permanece illada senón que provoca reaccións, tanxibles ou non, a maior ou menor prazo de tempo, en todo o que a rodea, estendéndose o seu efecto do mesmo xeito que as ondas que provoca unha pedra ao caer na auga. Así todas as nosas accións son importantes, inciden no resto dos seres e do planeta e repercuten moito máis alá delas mesmas.

Esta conciencia de que o planeta é a nosa casa e é a nosa responsabilidade coidalo, preservalo e mantelo a el e aos seres que o habitan en óptimas condicións para producir saúde e felicidade, debe ir traslucindo en toda actividade humana.
O acto de construír, de edificar...xera un gran impacto no medio que nos rodea. A Bioconstrucción persegue minimizalo na medida do posíbel axudando a crear un desenvolvemento sustentábel que non esgote o planeta senón que sexa xerador e regulador dos recursos empregados en conseguir un hábitat san, saudábel e en harmonía co resto.

A vivenda debe adaptarse a nós como unha 3ª pel, debe procurarnos acubillo, abrigo, saúde

    Decálogo:

    01 - Localización adecuada.
    02 - Integración na súa contorna máis próxima.
    03 - Deseño personalizado segundo as necesidades do usuario.
    04 - Adecuada distribución de espazos.
    05 - Emprego de materiais saudabeis e biocompatibeis.
    06 - Optimización de recursos naturais.
    07 - Implantación de sistemas para o aforro enerxético.
    08 - Equipamento de mobiliario de baixo impacto.
    09 - Programa de tratamento dos elementos residuais.
    10 - Manual de usuario para a súa utilización e mantemento.


1) Localización adecuada evitando tanto a proximidade de fontes emisoras de contaminación eléctrica e electromagnética así como química e acústica, tales como: fábricas contaminantes, transformadores eléctricos, tendidos de alta tensión, grandes vías de comunicación, etc..., como o asentamento sobre fallas xeolóxicas ou correntes de auga. Tamén deberán ser evitados aqueles lugares onde pola actuación do home pode porse en perigo algún determinado ecosistema.
E sempre evitar a modificación do campo magnético natural.

2) Integración na súa contorna máis próxima, atendendo á morfoloxía do terreo, construcións adxacentes, os estilos arquitectónicos tradicionais da zona, incluíndo vexetación propia do lugar e harmonía de formas construtivas.

3) Deseño personalizado segundo as necesidades do usuario, de tal maneira que a vivenda se lle adapte e sirva perfeectamente para desenvolver nela a súa forma de vida. Procurando, na medida do posíbel, coidar o efecto "onda de forma", evitando os elementos excesivamente rectilíneos, con esquinas pronunciadas. As grandes luces pódense salvar con arcos, bóvedas, etc.

4) Adecuada distribución de espazos, atendendo a consideracións bioclimáticas, de aforro enerxético e funcionais. Tendo en conta unha boa orientación: acristalamientos ao Sur (con paredes e chans de alta inercia térmica) e estancias de pouco uso ao Norte(garaxes, despensas,...), dedicando unha moi especial atención ao estudo dos lugares de descanso.

5) Emprego de materiais saudábeis e biocompatibeis e higroscópicos, que faciliten os intercambios de humidade entre a vivenda e a atmosfera. A vivenda debe respirar.


    - Os materiais deberán ser de materia prima o menos elaborada posíbel e atoparse o máis perto posíbel da obra (utilizar recursos da zona). Deben acharse totalmente exentos de elementos nocivos como asbesto, cloro e, máis concretamente, PVC, usado de forma moi común hoxe en día.
    - Os condutos de saneamento de gran diámetro poden ser de cerámica con conexións de caucho e os de pequeno diámetro, de PE-AD en lugar de PVC. Con estes materiais, as conducións son máis estables, flexibles, duradeiras e menos ruidosas.
    - Para as conducións eléctricas, xa existen no mercado cables libres de halógenos e sen PVC.
    - Evitaremos os illamentos e pinturas de poro pechado, plastificados, elementos retedores de po electrostático (moquetas, chans plásticos...) e todos aqueles materiais que emiten gases tóxicos na súa combustión. Debemos utilizar pinturas ao silicato, á auga, aceite de linaza, colofonia, ceras naturais, etc. E para os elementos decorativos, tratamentos de madeira ou enfoscados.
    - Nos elementos estruturais, empregaremos cementos naturais ou cal hidráulico. O uso do aceiro debe restrinxirse ao imprescindible e deberá ser convenientemente derivado a terra.


Así como sistemas construtivos adecuados. Hoxe en dia abusamos moito dos elementos estruturais de formigón armado, como vigas e alicerces, cando en moitos casos estes poden ser sustituídos por arcos e bóvedas.

6) Optimización de recursos naturais. Aproveitamento da luz solar(isolación), climatización natural, aforro de auga, aproveitamento da auga de choiva, implantación das enerxías renovabeis aproveitabeis nese lugar determinado

7) Implantación de sistemas para o aforro enerxético. Utilización da Bioclimática, a través de sistemas de captación solar pasiva, galerías de ventilación controlada, sistemas vexetais hídricos reguladores da temperatura e a humidade. Beirados deseñados adecuadamente, vexetación perenne ao Norte e caduca, ao Sur.

8) Equipamento de mobiliario de baixo impacto e configuración ergonómica, electrodomésticos de baixo consumo e baixa ou nula emisividad electromagnética, iónica, microondas, etc.... cunha toma de terra adecuada, que non emitan gases nocivos e que os seus elementos envolventes sexan naturais. Débense de ter en conta non só a disposición óptima do mobiliario, senón tamén a súa propia forma e contorno xeométrico a tal fin que ademais da súa utilidade acheguen unha onda de forma acorde á súa contorna.

9) Programa de recuperación de residuos e/ou depuración de verteduras. Separación de residuos en orixe, con programa de reciclaxe para os sólidos-envolventes e de compostaxe para os orgánicos.
Depuración das augas residuais para a súa posterior utilización en rega. Nos lugares con gran escaseza de auga débense incorporar sistemas de deshidratación orgánica ou WCs secos co seu posterior programa de compostaxe.Cales son os illamentos incorrectos máis usuais?

10) Manual de usuario para a súa utilización e mantemento.
No cal se detallen as actuacións que debe realizar o usuario e as que deberá realizar o mantedor profesional.

Via --> Ecohabitar

Por Ismael Caballero

 


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel