Amarante - Share on Ovi

Centrado sobre a responsabilidade das grandes superficies nas condicións de explotación de miles de persoas

O vindeiro sábado 8 de Marzo Amarante celebrará o Día Internacional do Comercio Xusto que por segundo ano consecutivo contaremos coa colaboración de outras entidades relacionadas co consumo responsable como Verdegaia, Sindicato Labrego Galego, A Gradicela e Árbore.
 
Na celebración deste ano baixo o lema por un “Comercio Xusto no Norte e no Sur”, faremos unha análise e denuncia da implicación das grandes superficies nas condicións de vida e de explotación de miles de persoas.

Para iso farase unha serie de actividades nas que se visibilizarán o impacto das actuacións de empresas como Carrefour ou Lidl nos distintos sectores como o da alimentación ou o do téxtil.
 
Así contaremos cos mercados transparentes de alimentación nos que participarán labregas e labregos das nosas comarcas e que mostrarán as diferencias de prezo entre a producción e a venda final nas grandes superficies.
 
Tamén contaremos cos mercados transparentes de roupa onde se darán a coñecer os resultados da investigación das condicións das traballadoras do téxtil en Asia para as grandes distribuidoras elaborado pola Campaña Roupa Limpa CRL e como son unha peza máis nun sistema que asfixia a milleiros de traballadoras de paises do Sur con condicións laborais que violan os seus dereitos humanos.

A continuación podes ver a relación de actividades e onde se celebrarán na túa comarca máis cercana.

PONTEVEDRA

Martes 4 de maio ás 20:00h. Mesa Redonda sobre o impacto negativo das grandes superificies, na Galeria Sargadelos. Intervirán: Lidia Senra, dirixente do SLG, Ramon Rodriguez, da cooperativa de consumo de Pontevedra A Gradicela, e Adrian Serantes, responsable técnico de Amarante en Pontevedra.
 
Xoves 6 de maio ás 20,00 horas, na Galeria Sargadelos, a Directora de AMARANTE Setem e responsable da CRL-Galicia, Fernanda Couñago, presentará a Iniciativa Salarios Dignos en Asia*. Presenta Eva Blanco, coordinadora de Amarante en Pontevedra.
 
Sábado 8 de maio, DÍA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO.
Lugar: Praza 8 de Marzo (esquina rúa Peregrina ).
Horario: de 11:00h a 14:00h
 
Actividades:

  • MERCADO TRANSPARENTE con produtoras locais e produtos de Comercio Xusto, onde se denunciará a marxe de prezo abusiva coa que quedan os distribuidores comerciais.
  • MERCADIÑO DE TROCO con intercambio de produtos de segunda man de Roupa, Xoguetes,etc
  • DEGUSTACIÓNS de produtos de Comercio Xusto
  • ACTUACIÓN GRUPO MUSICA TRADICIONAL OS CHICHISOS
  • ACTIVIDADE TEATRAL

OURENSE

Sábado 8 de Maio, DÍA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO.
Lugar: Rúa Saénz Díez.- No entrono do Centro Comercial Ponte Vella.
Hora: de 12:00h a 14:00h.
 
Realizarase un MERCADO TRANSPARENTE DE ROUPA no que se mostrarán as condicións laborais que sufren as traballadoras do sector têxtil
 
COMPOSTELA

Sábado 8 de Maio, DÍA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO
Lugar: Porta do Camiño, Praza 8 de Marzo (Rúa de San Pedro, no marco da Feira da Primavera).
Hora: de 11:00h a 15:00h .

Actividades:

  • MERCADO TRANSPARENTE a cargo de labregas e labregos da comarca (SLG).
  • EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN de produtos de Comercio Xusto (Amarante).
  • PASARELA-REIVINDICATIVA “A moda que incomoda”ás 13:00hs celebrarase a na que se conta coa colaboración da poetisa e conta contos Iolanda Aldrei. 

VIGO

Sábado 8 de Maio, DÍA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO.
Lugar.- Mediana de Gran Vía á Altura da Rúa Venezuela.
Hora: de 11:00h a 14:00h.

Actividades:

  • MERCADO TRANSPARENTE DE ALIMENTACIÓN coa colaboración de produtoras que vendes directamentae á Cooperativa de Consumo Consciente Árbore.
  • MERCADO TRANSPARENTE DE ROUPA no que se mostrarán as inxustizas da deslocalización do sector têxtil e poderemos achegarnos á roupa de comervcio xusto.
  • TEATRALIZACIÓN a través da DANZA da cadea de producción de roupa a as súas consecuencias nas condicións laborais.

www.amarantesetem.org

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel