Desde Zocamiñoca estamos a apoiar dúas iniciativas locais que están acorde cos nosos valores e prácticas.

Contra o desaloxo da Casa das Atochas


O C.S.O. Casa das Atochas ocupouse en marzo do ano 2008. Espazo sito no barrio de Montealto da cidade da Coruña onde se programan actividades sociais, culturais e de debate abertas a toda a cidadanía, e coa participación das viciñas e viciños do barrio. Neste momento está en curso un procedemento penal que ameaza con desaloxar este espazo e terminar así coa súa actividade sociocultural e dinamizadora contra a especulación na Coruña. Estanse a convocar asambleas e manifestacións que apoiamos como Zocamiñoca.

Mais información en http://www.casadasatochas.info

Recuperación do cárcere da Torre como centrosociocultural independente

A AAVV de Montealto-Atochas reivindica o uso público e cultural do cárcere da Torre, que pasará agora ao poder municipal, contra o uso elitista que signficaria o proxecto de rehabilitar o edificio como parador nacional. Recentemente tivo lugar o “Encontro sobre novos modelos participativos de xestión cultural” onde individuas e persoas achegadas a diferentes colectivos da cidade decidiran adherirse a esta iniciativa. Desde Zocamiñoca decidimos ter representación activa nesta iniciativa dado o seu carácter de proceso a medio e longo prazo.

Mais información en http://barriomontealto.blogaliza.org

Se es socia e queres participar como representante ou ponto de contacto entre Zocamiñoca e calquera destas iniciativa fai-o saber enviando email ou participando no noso Foro.

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel