O estabelecemento de turismo rural Casa Trillo de Muxía acollerá mañá, a partir das 16h00, o acto de presentación do Convivium Galiza do movemento mundial 'Slow Food'. Expertos galegos e vascos abordarán a filosofía desta filosofía centrada na desaceleración da vida.

O Slow Food é un movemento que naceu en 1986 en Italia da man do xornalista Carlo Petrini como protesta contra a instalación dun McDonals na Praza de España de Roma.

Bo, limpo e xusto son as premisas deste movemento mundial contrario á comida rápida e que na actualidade engloba moito máis: dende a defensa de produtos naturais, tradicionais e autóctonos a unha maneira de vivir máis tranquila e respectuosa co medio.

O Convivium Galiza, a delegación galega do Slow  Food, será a número 18 do Estado deste movemento que na actualidade agrupa a 80.000 persoas de 104 países dos cinco continentes.

Slow-food - Share on Ovi
 
Visto en --> A nosa Terra

  

Universidade rural galega - Share on Ovi

A Universidade Rural Galega organiza o I Encontro de Dinamizadores do Mundo Rural que tratará sobre "Fendas, de Luz e de Sombras, das Intervencións no Mundo Rural".  Será unha oportunidade para compartir experiencias e poder valorar en conxunto o camiño a percorrer na procura da dignidade e o futuro do mundo rural.

O encontro será o sábado 21 de novembro no Museo Etnográfico da Capela ás 10:30.

Ler máis...

Nova iniciativa de agricultura urbana na Coruña: Hortas na cidade

Hortanacidade - Share on Ovi

 "Búscase recuperar antigas hortas e terreos abandonados no Val de Feáns para poñelos de novo en uso, contribuíndo así á súa axeitada conservación e mantemento.

A intención é que os propietarios de terras na actualidade sen uso as cedan ou aluguen a persoas de calquera zona da cidade que estean interesadas en traballalas como hortas e cultivos. Estas pequenas parcelas permitirán o cultivo para autoconsumo así como desenvolver nelas actividades de ocio e educativas.

Quérense explorar así alternativas de futuro para as áreas rurais da cidade A Coruña, para podelas integrar con tódalas súas virtudes dende a perspectiva da cidade e vida contemporáneas. "

A iniciativa presentarase o xoves 26 de Novembro no Forum Metropolitano.

Mais información en: http://hortasnacidade.wordpress.com

A Cova da Terra e Gaesal organizan as Xornadas "O Consumo Consciente de Produtos Forestais".

As Xornadas levaranse a cabo no Salón de actos da facultade de Maxisterio situado na rúa Ramón Ferreiro en Lugo, o sábado día 7 de novembro, de 09:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas.  Inscrípcións (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

 

Xornadas Forestais Lugo - Share on Ovi
Ler máis...
zocarede