Pese a que no noso país non existen sondeos concretos sobre as dietas vexetarianas e o número de persoas reais que seguen este tipo de alimentación baseado unicamente na inxesta de froitas, legumes e verduras, o certo é que segundo informa a Asociación Libera, “en Galicia existen preto de 3000 persoas que son vexetarianas, das cales o 10 por cento sería vegana”, unha cifra moi baixa incluso para España, que é o país europeo coa porcentaxe máis pobre de toda Europa en número de persoas vexetarianas. A Asociación Libera, a fin de incrementar na medida do posible estas cifras tan baixas, e consecuentemente mellorar a saúde da nosa poboación, vén de anunciar o lanzamento dun portal en galego, Vexetais, que informa sobre este tipo de dietas e das vantaxes que conleva seguir unha alimentación equilibrada prescindindo das carnes.

 

vexetais.info - Share on Ovi

Ler máis...

A Asociación Cultural teense “Os Ameios”, está a organizar as xornadas “Terra e Cultura Sustentable”, que se desenvolverán no Fogar do Santiso ao longo deste vindeiro outono.

cartel-terra-e-cultura - Share on Ovi

As xornadas celebraranse en 9 sábados consecutivos: 10, 17, 24 e 31 de outubro; 7, 14, 21 e 28 de novembro e 5 de decembro. Serán no espazo do Fogar do Santiso, sito no lugar de Trasellas, parroquia de Luou do concello de Teo. Preséntanse como propostas de acción e visións por unha TERRA e CULTURA máis sustentables.

Ler máis...

Novo proxecto de agricultura urbana en Galiza. Atópase en periodo de constitución, todavía están a prepararse os estatutos, a Asociación Galega de Horticultura Urbana.  Asi se autopresentan no seu web, convidando a quen o desexe a unirse o proxecto dende os seus inicios :

AGHU - Share on Ovi

 "A Asociación Galega de Horticultura Urbana, todavía non é unha realidade, pero esperamos que o sexa a curto prazo. Estamos traballando para constituir esta asociación que esperamos sexa de gran axuda a todos, un lugar de encontro, e un sitio en común.

Estas son as espectativas que temos para ela:

  • Servir como centro de encontro entre os afecionados a horticultura urbana en toda Galicia.
  • Planificar charlas, cursiños e eventos para extender a cultura hortícula entre os urbanitas galegos.
  • Servir como punto de intercambio de productos producidos de forma ecolóxica, excedentes, sementes, etc.
  • Organizar festas, mercadillos e encontros gastronómicos e hortícolas nas urbes.
  • Proporcionar axuda humanitaria e voluntaria a outras asociacións especializadas a través das técnicas hortícolas urbanas, recursos e producción dos asociados.
  • Incentivar ós concellos a ceder terreos públicos e parcelas de xadíns como terreo cultivable polos asociados.

Nestes intres estamos a elaborar os nosos estatutos. Se queres colaborar nesta labor e entrar a ser parte da asociación como membro fundador, contacta connosco canto antes.

Para entrar a formar parte da asociación manda un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo." mce_' + path + '\'' + prefix + ':' + addy91563 + '\'>'+addy_text91563+'<\/a>'; //--> , cos teus datos de contacto e contándonos un pouco sobre a túa experiencia (ou falta dela) como horticultor urbano."

Pódedes atopar mais información no seu web: http://www.hortaurbana.info

zocarede