Josep Pàmies é un labrego catalá (Balaguer, Lleida) que hai 15 anos abandonou os métodos modernos de cultivo con uso abundante de químicos e pesticidas, para pasar ao cultivo ecolóxico, resultando nunha radical mellora da súa propia saúde e a das súas terras. Desde entón, Josep converteuse nun firme defensor do cultivo ecolóxico e investigou e promove o uso das plantas con propiedades medicinais, sobre todo da estevia ou o absintio. Josep tamén critica ferozmente a industria farmacéutica e as empresas que promoven o uso de transxénicos, como Monsanto, por velar máis pola obtención de beneficios económicos -mediante o uso de patentes e a cronificación da enfermidade- que a procura de solucións reais e éticas.

http://joseppamies.wordpress.com/

ANTITOXICO2-206x300 - Share on Ovi

Actualmente vivimos rodeados de sustancias químicas tóxicas. Chégannos a través da comida, a auga, os produtos da limpeza, pesticidas, cosméticos, etc.  A miúdo, son a causa de importantes enfermidades, como a alerxia, a asma, a diabetes ou mesmo o cancro. Pero existen alternativas para levar unha vida máis saudábel. Moitas destas alternativas están presentes en "Anti-Tóxico, Vive unha  vida máis sa". Editado por Espasa, é o último libro de Carlos de Prada, coñecido xornalista e escritor, cuxa destacada laboura en defensa do medio ambiente valeulle importantes recoñecementos, como o Premio Global 500 das Nacións Unidas, o Premio Nacional de Medio Ambiente ou o Premio Internacional Vida Sa, entre outros. Nesta entrevista, de Prada fálanos sobre esta interesante obra, que xa se pode adquirir nas librarías.

Ler máis...

transxenicos - Share on Ovi

Os últimos estudos de universidades francesas demostran os efectos nocivos para a saúde do millo importado, cultivado e consumido no Estado español.

Desde o inicio da liberación dos cultivos transxénicos, xa se anticipaba que estes novos alimentos poderían xerar problemas para a saúde. Pero desde hai un tempo temos xa probas, evidencias científicas, que demostran que a manipulación xenética de cultivos alimentarios ten implicacións perigosas para a saúde humana. Hai só unhas semanas facíase público un estudo desenvolvido por científicos franceses das Universidades de Caen e Rouen, que analiza os riscos para a saúde asociados a tres variedades distintas de millo modificado xeneticamente: MON810, MON863 e NK603.

Ler máis...

Contaminaçom - Share on Ovi

Unha de cada tres persoas que vivan no continente europeo contraerá un cancro no transcurso da súa vida. Aínda que o modo de vida xoga un papel fundamental no desenvolvemento deste tipo de enfermidade, non hai que descoidar o factor ambiental.
Un recente informe redactado polos especialistas en cancro Lefall e Margaret Kripke subliña que a importante exposición dos cidadáns a contaminantes ambientais supón un problema importante de saúde pública que o gobernos subestiman absolutamente. O informe é un chamamento para pasar á acción e dispensa unha lista de recomendacións dirixidas a políticos e a particulares.

Informe completo en inglés.

Ler máis...
Páxina 1 de 2
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel