Contaminaçom - Share on Ovi

Unha de cada tres persoas que vivan no continente europeo contraerá un cancro no transcurso da súa vida. Aínda que o modo de vida xoga un papel fundamental no desenvolvemento deste tipo de enfermidade, non hai que descoidar o factor ambiental.
Un recente informe redactado polos especialistas en cancro Lefall e Margaret Kripke subliña que a importante exposición dos cidadáns a contaminantes ambientais supón un problema importante de saúde pública que o gobernos subestiman absolutamente. O informe é un chamamento para pasar á acción e dispensa unha lista de recomendacións dirixidas a políticos e a particulares.

Informe completo en inglés.

Entre outras moitas recomendacións dirixidas a particulares destacan as seguintes:

- Evitar entrar na casa cos zapatos utilizados no exterior e lavar aparte  a roupa empregada normalmente para traballar.
- Utilizar recipientes de cristal ou cerámica para quentar os alimentos, evitar utilizar os recipientes de plástico no microondas.
- En caso de utilizar un teléfono GSM, tratar de comunicarse por sms sempre que sexa posíbel e usar auriculares.
- Implicarse e incitar tanto a políticos como á industria a que teñan en conta os intereses colectivos de saúde pública en lugar dos beneficios privados.

O cancro é unha enfermidade caracterizada por unha importante e anárquica proliferación de células anormais que posúen a capacidade de invadir e destruír os tecidos sans e diseminarse polo organismo. Esta enfermidade pode afectar a todos os órganos e ten múltiples causas, entre as que se atopan os factores ambientais. O termo "ambiente", nun sentido amplo, designa a todos os axentes físicos, químicos ou biolóxicos aos que está exposto o individuo durante a súa existencia persoal e profesional. Varios estudos demostraron que moitos dos factores ambientais a que estamos expostos cada día son canceríxenos. Os factores canceríxenos vólvense máis perigosos cando atopan unha predisposición xenética no organismo.

Unha de cada tres persoas que vivan no continente europeo contraerá un cancro no transcurso da súa vida. Aínda que o modo de vida xoga un papel fundamental no desenvolvemento deste tipo de enfermidade, non hai que descoidar o factor ambiental.

Segundo a definición arriba indicada de ambiente (sen incluír aos virus, as toxinas, os réximes alimentarios, o modo de vida, as profesións de risco ou as adiccións), estímase que entre un 5% e un 50% dos cancros están relacionados con factores ambientais.

Aínda que para algunhas institucións como a Academia de Medicamento e o Centro de Investigacións Oncolóxicas americano a proporción de cancro atribuíbel a factores ambientais non é máis que un 1%, para outras é dun 75 a un 90%. Isto débese a que as dúas primeiras institucións só teñen en conta os riscos probados (como no caso do amianto e o mesotelioma), mentres que os segundos contabilizan tamén os posibles riscos e as sospeitas.

O pasado 6 de maio, o Parlamento Europeo reuniuse para votar unha proposta da Comisión Europea titulada "Loita contra o cancro: unha cooperación europea". Durante a devandita reunión, o Parlamento pronunciouse sobre a necesidade de outorgar unha especial atención ás cada vez máis numerosas probas científicas que mostran que as sustancias químicas presentes no noso ambiente e nos lugares de traballo contribúen ao elevado número de casos de cancro en Europa.

Via --> Ladyverd


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel