Unha película en ruta que mostra diferentes proxectos repartidos por España, Portugal e Francia. Proxectos para o cambio, proxectos sostenibles, proxectos moi diversos pero con algo en común: abogan por un cambio no noso xeito de vivir as vidas. Exemplos de vidas máis tranquilas, vidas máis comprometidas, vidas máis comunitarias, máis sinxelas, máis auténticas, máis nosas.

Este documental é posible grazas a seis mulleres que colleron estrada e manta para ver por elas mesmas (e de paso mostrar ao mundo) que hai xente que está facendo as cousas doutro xeito.

 

 Hai moita información que nos advirte sobre a alimentación actual: alimentos tóxicos e agresións ao medio ambiente. Todas e todos temos unha necesidade básica: comer cada día
Un exemplo da diferenza entre encher bandullos e alimentar persoas podémolo ver neste documental onde se mostra a falacia alimentaria dos comedores colectivos

 http://www.elplatolavida.claraboia.coop/

Un novo documental da xornalista Marie Monique Robin, autora do "Mundo segun Monsanto" e "O Veneno que Comemos".
Marie percorre o mundo unha vez mais, entrevistando a expertos e campesiños en busca das respostas a dúas grandes preguntas: ¿É posible unha agricultura sen plaguicidas?, ¿pode a agroecolóxia alimentar á crecente poboación mundial?
Onde nos mostra de primeira man e con exemplos concretos que isto non só é unha posibilidade, senón que en moitas partes do ancho mundo, a agricultura sen plaguicidas e sen pragas xa existe e rende o mesmo que a outra.

Seeds of Freedom conta a historia da semente, desde as súas raíces no corazón dos sistemas agrícolas tradicionais e ricos en diversidade a través do mundo, a ser transformada nun poderoso commodity, usada para monopolizar o sistema alimentario global.


 Xunto a voceiros de comunidades agrícolas familiares indíxenas, o documental conta con expertos globais e activistas: Dra. Vandana Shiva de Navdanya, Henk Hobbelink de GRAIN, Zac Goldsmith MP (Partido Conservador UK), o agricultor canadense Percy Schmeiser, Kumi Naidoo de Greenpeace International, Gathuru Mburu da African Biodiversity Network, Liz Hosken da Fundación Gaia e Caroline Lucas MP (Partido Verde UK).

Este documental é coproducido pola Fundación Gaia e a African Biodiversity Network. En colaboración con GRAIN, Navdanya International e MELCA Ethiopia.

 http://seedsoffreedom.info/

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel