Sinopse: John Friedriksen é un dos homes máis ricos do planeta e a súa multinacional, Marine Harvest, é a salmoneira máis grande do mundo. En Noruega, o seu país, aliouse coa organización ambiental WWF para presentarse como unha empresa "verde" e sustentábel.

No sur de Chile, un paraíso para os inversionistas, John Friedriksen amosa a súa cara mais brutal: paga só o 10% dos soldos que debería pagar en Europa. Nas súas gaiolas, que conteñen millóns de salmóns, morren traballadores, sobre todo mergulladores, por falta de seguridade.

Marine Havest produciu un desastre ecolóxico: toneladas de antibióticos, pesticidas, insecticidas e tranquilizantes contaminaron o océano e destruíron a flora e a fauna. Os pescadores artesanais xa non teñen que pescar. E, peor aínda, o 90% da pesca das costas chilenas terminan sendo utilizada para fabricar fariña de peixe onde se lle transforma en alimentos para os salmóns. Para producir un quilo de carne de salmón é necesario matar 5 quilos doutros peixes. A industria do salmón non é sustentábel en Chile, é un íncubo ecolóxico. O documental investiga ao longo dun ano os pasos do "gran lobo" John Friedriksen.

 Preme na imaxe para ver o video:

salmonopoly - Share on Ovi

Nota: A primeira gaiola de salmón da Galiza foi introducida durante a noite do 23 de Marzo na ria de Muros-Noia para fuxir do acoso da frota pesqueira tradicional:

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/ria-muros-noia-soporta-xa-primeira-gaiola-salmon/idEdicion-2011-03-25/idNoticia-652625/

Reportagem sobre a nossa cooperativa emitido o domingo passado no programa Labrança da TVG. O informativo visitou tamém a granja ecológica de Marta e Victor (Milho e Landras) as nossas produtoras de Vilasantar.

 

Video-denúncia sobre o projecto (autorizado polo governo galego) da "empresa" mineira de capital anglo-sudafricano Picobello Andalucita SL de instalar umha mina de andaluzita no Pico Velho, a 50 metros do parque natural das fragas do Eume.

http://picovello.blogspot.com

Desde Zocamiñoca apostamos decididamente polos envases reutilizables e retornables. A pesar diso non sempre é posible reutilizar, neses poucos casos (sería o desexable) temos que apostar decididamente pola reciclaxe. Ecologistas en Acción ven de sacar unha estupenda campaña relacionada coa problemática das envases. En España producimos 550 kg de lixo cada habitante/ano; 51 millóns de envases de bebidas cada día (18.000 millóns anuais). Reciclamos so o 15%...

O artigo completo: Apoyo a los envases retornables

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel