Vida difícil conta a história das origens e dos motivos dos conflitos históricos da luta pela terra no Brasil. Em pouco mais de quatro minutos, e apenas ao som de uma trilha, a história nos leva da indignação à esperança.
 

Manifesto das Reskatadoras de polos.
Compañeiras e compañeiros de viaxe, na antiga Grecia cando unha persoa se afastaba dos seus seres queridos, tomaban unha trociño de cerámica e o rompían en dous. Un fragmento quedaba no lugar de partida e o outro acompañaba ao viaxeiro. A ese trociño de cerámica chamábanlle: símbolo. Os polos son un símbolo. O símbolo dun modelo de produción de alimentos nefasto social e ambientalmente. Un modelo que xera fame, pobreza e desnutrición en todo o mundo, que expulsa ao campesinado familiar e convérteo nunha clase humana excluída socialmente, un sobrante humano que apenas é útil para encher as maquilas téxtiles do inframundo de chabolas e zonas francas que rodean ás grandes urbes do Sur. A fame ten causas políticas e o modelo de produción alimentaria que agora denunciamos é causa diso.
Tamén expulsa ao campesinado no Norte xeográfico. Campos baleiros de mundo rural, territorio similar ao dun campo de batalla con liñas de alta tensión como trincheiras, cemento nas costas como un chapapote eterno, polígonos industriais como tumbas do combate, pistas, autoestradas, portos, aeroportos, presas e represas, asolagan o noso presente. E matan o noso futuro. Os polos son un símbolo dun modelo agrogandeiro industrializado, asasino de persoas e destrutor de vida. Cada día, millóns de polos viven nun modelo cando deberían vivir noutro. O agroecológico.
Cada día millóns de campesiñas son expulsadas e morren nun modelo cando deberían poder vivir noutro. Cada día millóns de persoas consumidoras alimentámonos nun modelo cando deberiamos consumilo noutro. Cada día millóns de mulleres sofren o patriarcado nun modelo cando deberían vivir como mulleres no outro. Cada día millóns de hectáreas de mundo se desintegran para sempre cando deberían florecer na primavera. Debemos virar o modelo do agronegocio ao da agroecología. Este é un símbolo do primeiro paso. As campesiñas e campesiños familiares, a pesca artesanal, pastores e pobos indíxenas do mundo poden e deben alimentarse e alimentarnos. Deixémoslles facelo. Axudémoslles a facelo. Por eles e para elas. Por nós e para nós.

É A HORA DA SOBERANÍA ALIMENTARIA

Máis info: http://www.reskatadorasdepollos.org

Os economistas deben aprender a restar... ou é que o medio natural destruído pola propria actividade económica non ten ningún valor?

Sen contorna natural non hai benestar posíbel.

 
Da mesma autora de A História das Cousas. Un simpático vídeo que nos fai reflexionar sobre os nosos hábitos de consumo e a toxicidade dos produtos que usamos a cotio.

 

Serge Latouche, economista e filósofo, Catedrático emérito da Universidade de Paris Sud, explica a filosofia do decrecimento e departe sobre os cambios que deberiamos facer, a escala mundial e persoal, para evitar as catástrofes que se aproximan, cuxa natureza non sabemos con precisión pero que podemos intuír claramente. O crecemento indefinido nun mundo finito é, obviamente, unha imposibilidade, e a única estratexia razoábel ante esta evidencia é a re-localización (reverter a tendencia á globalización vivida en décadas recentes). Estamos ante unha tarefa descomunal, pois require un cambio radical nos valores e anhelos da maioría de individuos das sociedades consumistas.

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel