mulheres - Share on Ovi

Nos países do Sur, as mulleres son as principais produtoras de comida, as encargadas de traballar a terra, manter as sementes, colleitar os froitos, conseguir auga, etc. Entre un 60 e un 80% da produción de alimentos nestes países recae nas mulleres, un 50% a nivel mundial. Estas son as principais produtoras de cultivos básicos como o arroz, o trigo e o millo, que alimentan ás poboacións máis empobrecidas do Sur global. Pero, a pesar do seu papel crave na agricultura e na alimentación, elas son, xunto aos nenos e nenas, as máis afectadas pola fame.
As mulleres campesiñas responsabilizáronse, durante séculos, das tarefas domésticas, do coidado das persoas, da alimentación das súas familias, do cultivo para o autoconsumo e a comercialización dalgúns excedentes das súas hortas. Cargaron co traballo reprodutivo, produtivo e comunitario, e ocupado unha esfera privada e invisíbel. En cambio, as principais transaccións económicas agrícolas estiveron, tradicionalmente, levadas a cabo polos homes nas feiras, coa compra e venda de animais, a comercialización de grandes cantidades de cereais... ocupando a esfera pública campesiña.
Esta división de roles asigna ás mulleres o coidado da casa, da saúde, da educación e das súas familias e outorga aos homes o manexo da terra e da maquinaria, en definitiva da técnica, e mantén intactos os papeis asignados como masculinos e femininos que durante séculos, e aínda hoxe, perduran nas nosas sociedades.

Ler máis...

Leite cru O Alle b - Share on Ovi

P.V. E J. R. (NOVAS DA GALIZA)/ Com a conhecida crise no sector leiteiro pola dependência da indústria, tenhem agora um destaque maior aquelas fórmulas de agricultura que se libertam das ataduras do modelo industrial e retornam à velha ideia do agricultor como gestor do seu próprio património. Antonio Carral é um deles. Com umha exploraçom de ao redor de 60 cabeças e 40 hectares, produz desde há 5 anos 'em ecológico', convencido de que este é o caminho. Acaba de abrir umha tenda em Lalim. Falamos com ele acerca do seu modelo de produçom.

 Praticou desde sempre a agricultura ecológica ou mudou a partir da convencional?

 Mudei, nós eramos umha exploraçom intensiva, com umha carrega gandeira de três vacas por hectare e umhas producçons medias de 7000/8000 litros por vaca/ano. A base da producçom era o que hoje se olha por todos os lados; prado wasterwall, e milho entorno ao 50, 60, 70 % dependendo do ano da exploraçom, e com umha facturaçom que oscilava entre os 6000 e os 9000 € cada mês.

 Além disso as horas de trabalho e o esforço que realizavas, levava-cho outra gente, nom quedavam para ti. A jornada de trabalho era de 12- 15h dia, mas esse dinheiro nom repercutia para ti.

Fai aproximadamente 9 anos ou assim, antes de começar com o modelo ecológico, num mês cobramos 9000€ e tam só fiquei com 600€

 Além disso via que estava acabando com o que tinha, por um lado as terras, contaminando-as, esmagando-as vivas pola sobreproduçom que consistia em milho-wasterwall-milho-wasterwall, aportando altas quantidades de nitrogênio; e por outro lado os animais apertavam-se de tal jeito com concentrados, antibióticos, etc, que vias como estavas destruindo o teu próprio patrimônio, mas ao mesmo tempo o dinheiro levava-no outras pessoas. Foi por isso que decidimos fazer o cambio ao sistema mais sustentável e ecológico.

Ler máis...

India - Share on Ovi

Os espectaculares índices de crecemento de China parecen a proba concluínte de que os países "emerxentes" necesitan capitalismo privado e economía de mercado. Esta fórmula aseguraría o crecemento, absolutamente indispensábel -ao parecer- para acceder á prosperidade e ao benestar. No entanto, algúns observadores agudos, como Rafael Poch, alértannos sobre as dificultades que acumula a sociedade chinesa e que lle poden pasar factura nun futuro non afastado, e en especial o aumento das desigualdades e os efectos ecolóxicos negativos do actual proceso.

Outra experiencia asiática merece atención, a de Kerala. Kerala é un Estado do suroeste da Unión India, con 32 millóns de habitantes, que por circunstancias especiais tivo un Goberno esquerdista estable desde 1957 grazas ao cal gozou dun benestar excepcional mediante un modelo socioeconómico completamente distinto do chinés.
Grazas a unha reforma agraria, a propiedade da terra está moi repartida. Este feito, xunto a unha lexislación favorábel aos traballadores asalariados (cun salario mínimo moi elevado), un sistema fiscal progresivo e unha eficaz loita contra a corrupción, desemboca nun nivel notable de igualdade social. Na industria coexisten sector público e empresa privada. Os orzamentos de Educación e Sanidade son elevados, e estes dous sectores están moi diseminados en todo o país, incluídas as zonas rurais. Estes factores dan uns indicadores de benestar que se achegan máis aos europeos que aos do seu propio país.

Ler máis...

Lixo informático - Share on Ovi

 A fabricación dun computador en China emite 24 veces máis CO2 que a súa utilización durante todo un ano. Este dato resalta a importancia de utilizar un computador durante o maior tempo posíbel. Ademais, esta cifra revela a nova tendencia dos países desenvolvidos: externalizar a súa contaminación en forma de emisións de CO2 derivadas da enerxía gris dos aparellos e exportala en forma de residuos electrónicos.

Aínda que a convención de Basilea prohibe a exportación dos residuos electrónicos fóra de Europa, existen numerosos estudos que demostran que case o 80% dos mesmos expórtase de forma ilegal a Asia e África. Co fin de conseguir un aforro económico, Europa está a converter a moitos países en auténticos vertedoiros.

Ler máis...

EmQuilmas - Share on Ovi

Di Susan George no seu último libro, As súas crises, as nosas solucións, que "todas estas crises proceden das mesmas políticas neoliberais establecidas polos mesmos actores (...). Poderiamos gozar dun mundo limpo, verde, rico e xusto, onde todos e todas puidésemos vivir dignamente. Á súa lóxica, debemos opor a nosa. Non é tan complicado se comezamos por investir os termos". Por exemplo, e xa se presentou nestas páxinas, fronte á paradigma do crecemento permanente como suposto motor de desenvolvemento, fagamos desta crise a oportunidade para retroceder uns pasos do camiño andado e reprogramar un decrecimento (non forzado, como o actual) saudábel para un planeta quente.

Baixo esa mesma lóxica nosa, que pasaría se volteáramos -polo menos en parte- o esquema dominante que levou ao sector primario da economía de encabezar até os anos sesenta e setenta as cifras do emprego e de contribución ao Produto Interior Bruto a un papel case residual nas chamadas economías modernas? Que pasaría se se promovese ruralizar a economía? Ou, tomando unha proposta concreta, que sucedería co emprego se cuestionásemos as políticas clásicas a favor da agricultura intensiva en petróleo, por unha agricultura ecolóxica intensiva en man de obra?

Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel