leite - Share on Ovi

Todos e cada un dos sectores estratéxicos de produción agraria malviven cunha inasumíbel diferenza de custes entre orixe e destino. A especulación cos alimentos e as políticas da UE están a exterminar os labregos e labregas a pasos de xigante.

As mobilizacións do 2009 foron iniciadas polos produtores e produtoras de vacún de leite e aglutinaron en Bruxelas a gandeiros e gandeiras de até 8 países da Unión Europea. Esta situación é máis dramática se cadra no Estado español, onde a crise atravesa todos os sectores estratéxicos de produción, desde o vacún de leite e carne, aos cereais, o arroz, e o ovino-caprino pasando polo porcino, as froitas e hortalizas até os froitos secos, as améndoas e as avelás.

Os prezos que un produtor ou produtora percibiu en 2009 polos alimentos que pon no mercado foron entre un 30% e un 51% inferiores aos de 2008, mentres que para o consumidor e consumidora só experimentaron unha feble rebaixa de entre o 2,4% e o 6% sobre o prezo final dun ano a outro. Así, o diferencial de prezos entre orixe e destino colocouse nun escandaloso 500%, superando en moitos casos o 900%: o 982% na coliflor, o 925% na alcachofa, o 1225% na cenoria, o 720% na berenxena, o 1400% da pataca e así poderiamos seguir. En canto aos produtos gandeiros, a carne de porco eleva as súas marxes comerciais ao 566% e na carne de vacún atopamos unha diferenza entre a granxa e a venda ao público do 442%. Vaia, que entre o campo e a mesa moitos produtos multiplican por 10 o seu prezo.

Ler máis...

horta - Share on Ovi

Ó vivir nunha cidade, pérdense moitas das vantaxes da vida campestre, pero cada vez son máis os urbanitas galegos que se negan a perder os aspectos máis positivos do campo, aínda que vivan a escasos minutos do centro da súa cidade. As hortas urbanas cedidas por institucións públicas, como as situadas nas marxes do río Rato en Lugo, convértense así nun verdadeiro oasis no medio do incesante balbordo urbano e é que estas pequenas parcelas combinan con eficacia entretemento, alimentación sa e superación persoal.

As primeiras hortas galegas deste tipo foron as do barrio compostelán de Belvís, cedidas polo Concello de Santiago ós veciños hai xa máis de dous anos. Neste momento, son 30 cesións, duns 60 metros cadrados cada unha, e aínda quedaron unhas dez persoas en lista de espera.

Ler máis...

trangénicos - Share on Ovi

Todas as sementes transxénicas no mundo son controladas por seis empresas: Monsanto, Syngenta, DuPont, Dow, Bayer, Basf. Son todas transnacionais químicas que se apropiaron das compañías de grans para controlar o mercado agrícola, vendendo sementes casadas cos agrotóxicos que elas producen (herbicidas, insecticidas, etcétera).

Todas -ademais de Monsanto que se fixo famosa como vilán global- teñen un historial criminal que inclúe, entre outros crimes, graves desastres ambientais e contra a vida humana. Todas, unha vez ao descuberto, tentaron evadir as súas culpas, tratando de deformar a realidade con mentiras e/ou corrupción. O feito de que todos os transxénicos están patentados e que a contaminación é un delito para as vítimas, significa que calquera país que autoriza os transxénicos entrega a súa soberanía, de mans atadas, aos designios dunhas cantas transnacionais que deciden segundo o seu afán de lucro. Ademais, tratándose destas empresas, autorizar o sementado de transxénicos é entregar as sementes, os campesiños e a soberanía alimentar a un puñado de criminais en gran escala. Crime organizado, legal.

Ler máis...

chicle_maya - Share on Ovi

 A selva tropical do sueste de México e de América Central atópase protexida grazas á explotación sustentábel da árbore do chicle. A creación de cooperativas dedicadas á extracción da materia prima e a elaboración de goma de mascar proporciona postos de traballo á poboación local e propicia a conservación da selva.

Os mayas, na península de Iucatán, mascaban chicle para manter os dentes limpos e para facilitar a dixestión. Cando, no século XIX, o norteamericano Thomas Adams engadiu azucre ao invento e comezou a vendelo como "goma de mascar", o chicle converteuse nun fenómeno global.
O chicle, que contiña un látex non tóxico, mantivo a súa fórmula inicial durante máis dun século. Entre os anos 50 e 60, a comunidade chiclera (recolledores e elaboradores desta materia) contaba con máis de 5.000 traballadores na selva.
Con todo, nos anos 90 a cifra descendera a 300. Isto debíase en parte á introdución de polímeros, substitutos sintéticos do látex na elaboración do chicle.

Ler máis...

Digital Handcraft - Share on Ovi

O próximo 8 de xuño, coincidindo co lanzamento mundial do teléfono iPhone de Apple de cuarta xeración, celebrarase en Hong Kong, China continental, Taiwan e noutros lugares do mundo diversos actos de solidariedade para celebrar a Xornada Mundial en Recordo das Vítimas de Foxconn.

E é que desde o pasado 27 de maio, 10 traballadores de entre 18 e 24 anos suicidáronse nas instalacións de produción de Foxconn Technology Group, e outros 2 atópanse en estado grave tras tentalo. Foxconn, con sede en Shenzhen e propiedade de Taiwan é provedora de Apple, Nokia, HP, Dell, Sony, Sony Ericsson, Nintendo e Motorola, marcas en feroz competencia e cuns prazos de entrega cada vez máis curtos, o que redunda nunhas condicións laborais inhumanas.

Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel