cartazferiaesocial

 

Máis dunha veintena de proxectos  participarán na FEIRA DE ECONOMÍA SOCIAL  os días 29 e 30 de setembro no Campo da Leña (Praza de España).

A partir do venres 29 de setembro ás 17 h. a Feira estará aberta e contará con distintos espazos:

  • Ágora : espazo informativo, con actividades divulgativas e profesionais
  • Entidades expositoras nos sectores : Cultura – Servizos – Alimentación – Construcción – Consumo –  Asociacións solidarias
  • Charlas sobre cooperativismo, comercio xusto, consumo responsable, economía social, cláusulas sociais…
  • Documentais
  • Actuacións lúdicas
  • Espazo infantil : xogos, modelaxe, elaboración de queixos, moda sostible…

Pódese consultar o programa na seguinte ligazón: Programa Feira Social

 

asambleaxeral2017

ZOCAMIÑOCA convoca a asemblea xeral ordinaria deste ano o venres 30 de xuño de 2017 ás 18:30h en primeira convocatoria e ás 19:00h en segunda. O lugar de celebración será o noso local da Avenida da Concordia, 199 baixo.

 
A orde do dia será a seguinte:
 
1. Presentación de datos económicos e Aprobación de Contas de 2016.
2. Rogos e preguntas.
 
Contamos coa vosa presenza. A cooperativa a facemos entre todas.
 

fotowwf

Pasar uns cantos días axudando nunha leira ecolóxica é unha oportunidade única para descubrir mundo e conectar coa terra. Coa rede WWOOF podemos practicar un turismo consciente.
WWOOF son as siglas de World Wide Opportunities on Organic Farms: oportunidades en todo o mundo en leiras ecolóxicas. É unha rede de intercambio entre leiras do mundo agroecológico (anfitriones) que necesitan axuda física e persoas voluntarias (wwoofers) que queren aprender sobre cultivo ecolóxico. A miúdo o wwoofing faise durante as vacacións, pero non sempre ten que ser así. Os anfitriones comparten cos wwoofers aloxamento e comida, e ensínanlles e desenvolven actividades típicas do mundo rural con eles. Aínda que, en xeral, quen máis formación esperan recibir do intercambio son os voluntarios, sempre se transmiten coñecementos en ambos sentidos. Os wwoofers poden ir sos, en pequenos grupos, en parella e acompañados de nenos.

Seguir lendo artigo na revista OPCIONS : http://opcions.org/es/consumo/wwoofing-vacaciones/

 

cartazoutraformavivienda

Outra Forma de Vivenda levan a cabo un proxecto que desde o colectivo, investiga en novas maneiras de xestión para dar resposta a situacións particulares, combinando a independencia e a intimidade dunha vivenda propia coa convivencia na comunidade (axuda mutua, áreas e espazos compartidos, relación co barrio), poñendo o foco no respecto pola natureza, e defendendo o acceso á vivenda como un dereito, e coa idea de crear unha cooperativa sen ánimo de lucro de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias.

Por iso xorden estas xornadas,co obxectivo de reflexionar desde o colectivo sobre estes novos modelos de vivenda, o papel da cidadanía no deseño e construción do seu propio hábitat, ou o rol das institucións como impulsoras destas novas fórmulas.
As xornadas servirán para comparar modelos de éxito, xerar ideas e ofrecer solucións, así como para profundizar sobre aspectos clave como a accesibilidade universal, a vida comunitaria en tódolas las súas vertentes e a sustentabilidade, sempre partindo do dereito á vivenda como dereito universal.

Coñeceremos diferentes iniciativas que se están dando no Estado sobre modelos alternativos de vivenda, dende perspectivas transversales que abranguen áreas como a sociedade dos coidados, a biocontrución, a diversidade funcional, problemática de acceso á vivenda, etc.

Neste enlace podes acceder ao programa

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel