copa menstrual nun centro comercial

Pola súa relevancia, facemos eco da información enviada desde a "Red Copa de Luna":

Tralas ofertas dalgunhas marcas de copas menstruais por canles de gran difusión como Groupon, agora Carrefour convírtese -que saibamos- na 1ª grande superficie comercial que incorpora este artigo. Trátase dunha copa tintada, sen marca, "made in China" e cun PVP de 9€. Adxuntamos unha foto que se tomou e nos fixeron chegar este venres pasado.

Ante este tipo de novidades, en Red Copa de Luna xúrdennos impresións ambivalentes. Dunha banda, valoramos moi positivamente que a raíz destas canles de comercialización as copas menstruais se dean a coñecer ao público en xeral, cando hai non moitos anos o seu coñecemento se circunscribía a ámbitos específicos. Entendemos que se isto sucede e algunhas grandes corporacións as están incorporando, é porque ven negocio no mercado das copas menstruais, o que implica que detectarían un aumento da demanda e a posibilidade de facerse cun trozo do pastel. Menos produtos de usar e tirar en circulación, ben!

Doutra banda, sucede o habitual nestes casos. Co que nos ocupa, a considerable rebaixa do pvp -non nos enganemos- conleva probablemente unha rebaixa na calidade (de materias primas ou resultado final) e, con seguridade, nas condicións sociolaborais de quen participan no proceso de produción. Esta nova copa á venda en Carrefour, "made in China", non é a primeira copa "española" que resulta ser "made in Asia" (como a española-coreana IrisCup), co que tod@s sabemos que implica. Aínda que a copa que se vende en Carrefour non é estrictamente de "marca branca" (en realidade non ten marca nin na web da empresa importadora amplían información sobre o produto), non sería de extranar que nun hipotético futuro acabasen lanzando a "CarrefourCup", "EroskiCup", "DeliplusCup" (Mercadona) ou ata a "Copax" como evolución de Evax e Tampax...

Pola nosa parte, sirvan estas reflexións para compartir argumentos convosco, a ter en conta cando a partir de agora escoitemos "Que cara é a Mooncup, a de Carrefour vale 9€!". Noutro tipo de produtos, tal vez a diferenza do produto en si non sexa demasiada e poida pagarnos a pena o aforro, aínda que nun produto de uso íntimo e que xa de por si se amortiza en menos de 1 ano, temémosnos que o barato pode acabar resultando caro.

Aínda que desde Red Copa de Luna nunca nos gustou recurrir a técnicas alarmistas ou de infundir medo, outro posible risco engadido daríase se este tipo de "copas baratas" non estivesen tan ben deseñadas ou con materiais de primeira calidade como por exemplo a Mooncup. Iso produciría insatisfacción nas súas usuarias, o que acabaría repercutindo negativamente ao resto de marcas e ao concepto de copa menstrual en si. Por iso, ante consultas que vos realicen, podedes empezar preguntando pola información que se ten da marca e o produto en si, onde acharemos grandes diferenzas respecto a Mooncup como pioneira, máis veterana e de recoñecemento contrastado en copas menstruais de silicona médica de alta calidade, libre de sustancias con potencial risco para a saúde.

Por último, lembrámosvos a información de posibles riscos das copas menstruais de cores: http://redcopadeluna.webnode.com/copas-de-colores/

Saúdos,
Sergio (equipo de Red Copa de Luna)


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel