Nostian Solución

O próximo mércores 25 de xuño, ás 20h na Casa Tomada (Estación de FFCC): Análise da xestión dos residuos na Coruña e presentación do manifesto "Nostián Solución".

Manolo Soto, profesor da Universidade da Coruña e especialista na xestión dos residuos, analizará a situación actual da xestión dos residuos na comarca da Coruña, prestando atención ao funcionamento de Nostián: ao como está funcionando e ao como debería de funcionar, tendo en conta outros modelos do pais ou doutros puntos da península.

Ademáis presentaráse un manifesto no que varios colectivos da comarca da Coruña, piden ao Concello da Coruña, ao consorcio e aos demáis concellos da Coruña, que fagan os axustes necesarios en Nostián para que siga a ser un modelo válido, no que se acade unha boa tasa de recuperación dos residuos.

Zocamiñoca apoia e forma parte da Plataforma que impulsa este proceso social. Animádevos a coñecelo!

 


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel