cartazespazos
A Plataforma Cidadá Proxecto Cárcere ten o imenso prazer de acoller o IV Encontro da Red Transibérica de Espacios Culturales Independientes que terá lugar os días 17, 18 e 19 de Abril no Instituto Anxel Casal da Coruña.

Co título “Espazos, a importancia do lugar”, diversas iniciativas e espazos culturais da península compartiran experiencias e novas prácticas de crear cultura en diálogo coas comunidades nas que se establecen ofrecendo escollas únicas á marxe do status quo e dos “packs culturais” institucionais.
 
"O motivo polo que imos ata a Coruña é porque ali existe un grupo consolidado de persoas, Proxecto Cárcere, que están a defender unha proposta cultural para a reutilización do cárcere en pior estado cada día."
                                                                     (extracto da web da Red Transibérica)

Encontro organizado pola Red Transibérica (Proxecto Carcere, Espacio Tangente, Nau Ivanow, El Hacedor y Zawp).

Para mais información, programa e para facer a inscripción online visita a web da Red Transibérica AQUI
ou envía email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo." target="_blank"> Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel