sondaldea2016

Son d’Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa das persoas que se acheguen nesa xornada festiva.Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente.

Son d’Aldea ten lugar en Santiago de Albá, Palas de Rei (Lugo) o primeiro venres e sábado de Setembro. Esta edición serán o día 2 e 3 de Setembro.

Máis información, consultar o programa e reservas : http://sondaldea.galiciasustentable.org/


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel