Convocamos unha nova asemblea Extraordinaria o vindeiro  sábado 18 de febreiro as 10 h en primeira convocatoria e ás 10:30 h en segunda, no local de zocamiñoca (Av/Concordia 199 baixo).

Esta asemblea celebrase aproveitando o zoquelarre bimensual

fotoasemblea2017

Achegamos tamén unha enquisa sobre a organización do local, é importante que dediquedes uns minutos a enchela e así entre todas aportar ideas, necesitamos da vosa opinión e apoio.

ENQUISA COMO ESTA ORGANIZADO O LOCAL E QUE COUSAS MELLORARÍAS

Esperamos que asistades a la asemblea-zoquelarre, xa que é unha oportunidade de seguir mellorando e avanzando neste lindo proxecto.

A asemblea estará facilitada por  Ines, e esta organizada pola comisión deste zoquelarre bimensual, conta tamén co apoio do grupo de economía da cooperativa.

A orden do día é:

  • Benvida e aprobación da axenda - (10 min.)
  • Elección da nova interventora - (20 min)
  • Organización do local - (60 min)
  • Sistema de garantía participativa - (10 min.)
  • Avaliación do Zoquelarre: como nos vai? - (20 min.)
  • Vindeiro Zoquelarre - (10 min.)

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel