BioCultura Coruña

Do 2 ao 4 de marzo (de venres a domingo) chega por primeira vez o BioCultura a Coruña, merecerá moito a pena facer unha visita. Anotádeo nas vosas axendas!!!

Ademais, o domingo 4, ás 17 na aula 3, Zocamiñoca organiza a charla: Porque ser consumidora responsable?

E tamén será unha boa oportunidade para coñecer ás nosas produtoras!! Asistiran como expositoras as seguintes produtoras coas que traballamos: Amorodo, Arqueixal, Bubela Arte Sá, Galletas Daveiga, Hifas da Terra, Ideas Comercio Xusto, Josenea, Milhulloa, Naturavia, Porto-Muíños, SolyFruta, The Bio Factory. Outras entidades importantes a visitar coas que colaboramos: Fiare Banca Ética, Nosa Enerxía, REAS Galicia.

Poderedes atopar ademais moitas produtoras coas que aínda non temos relación e, como feira ecolóxica e natural ampla que é, tamén estarán presentes moitos proxectos que non cumplirían os nosos mínimos para consideralos consumo responsable ou consciente, seguro que os distinguides ben. Boa feira!!!

http://www.biocultura.org/acoruna


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel