enraizar no asfalto 1

A economía social está en auxe en Galicia, con máis de 10.000 entidades presentes na Comunidade. Dentro destas, as cooperativas dan emprego a máis de 25.000 persoas e medraron nun 30% dende o comezo da crise; até superar as 1300. A alimentación é un dos sectores onde máis arraigado está o cooperativismo, dentro do cal as empresas que traballan en ecolóxico duplicáronse nunha década.

A economía social enraizou nun momento economicamente adverso poñendo no centro ás persoas. Consolidado o modelo, é o momento de reforzar estruturas e redes de colaboración que permitan aumentar o impacto e ofrecer solucións á cidadanía que requiren dun artellamento maior.

Cales son os principais retos do consumo responsable? É todo o que se nos presenta como ecolóxico ambiental e socialmente sostible? Que podemos facer as consumidoras para estar seguras de que o noso consumo é responsable e beneficia á nosa contorna inmediata? Como espallar estas iniciativas para aumentar a nosa capacidade de decisión sobre o consumo de produtos e bens de necesidade diaria?

As xornadas abertas Enraizar no Asfalto, organizadas pola Unión de Cooperativas Espazocoop en colaboración coa Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca e financiadas polo Concello da Coruña pretenden achegar distintas experiencias de consumo responsable tanto na contorna da Coruña, a nivel galego e doutros puntos da península. Afondarán no que podemos facer como consumidoras para dinamizar o territorio, evitar a perda de poboación das áreas rurais ou alimentarnos mellor.
Co gallo do X aniversario da cooperativa de consumo Zocamiñoca, sita na Coruña; as xornadas misturan actividades de difusión, obradoiros prácticos e actividades de tipo lúdico; cunha oferta de actividades dirixidas ás máis pequenas.

Inscríbete aquí: https://bit.ly/2XHq5HK

PROGRAMA: (baixa o pdf)

SÁBADO 30 DE NOVEMBRO

MAÑÁ

Aula Centro Cívico Monte Alto

11:00h – 14:00h. Peque-creadoras. Espazo de conciliación.

  • Dinamiza Taller de Polo (aforo máximo 20 persoas, actividade de balde previa inscrición)

Salón de Actos Centro Cívico Monte Alto

11:00h – 11:15h. Inauguración. O cooperativismo de consumo, cando mercar conciencia.

  • Representante do Concello de A Coruña.
  • Representante da Unión de Cooperativas EspazoCoop. Constantino Gago Conde, xerente de EspazoCoop.
  • Representante de Zocamiñoca S. Coop. Galega. X Aniversario da Cooperativa. Yolanda Sánchez.

11:15h – 12:00h. Zocamiñoca: unha historia de 10 anos construíndo alternativas na Coruña.

  • Socias consumidoras da cooperativa.

12:00h – 14:00h. Redes que escalan cambios: Os casos da Subbética Ecolóxica (Córdoba) e a Rede Galega de Desenvolvemento e Educación Para o Rural (Galicia).

  • Modera: Helena Martínez Cabrera. Zocamiñoca Soc. Coop. Gal.
  • Coidar a terra e ás persoas: circuítos curtos de comercialización. Iniciativa agroalimentaria Subbética Ecolóxica (Córdoba). Inés Criado e Rafael Arroyo. Vogal de Comunicación e Secretario.
  • Máis aló do Eixo Atlántico: a sociedade civil en defensa dun territorio vivo. Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural. Alicia López Pardo e Alfonso Filgueira. Membros da Directiva.

XANTAR

Menú de cociña portuguesa no Recuncho de Esmeralda, 15 euros/persoa. Inscrición previa (Rúa Pelamios, 7)

TARDE

Aula Centro Cívico Monte Alto

17:30h – 20:00h. Peque-artistas. Espazo de conciliación.
Actividade paralela para nenos e nenas (até 5 anos con persoa adulta a cargo), combinando actividades guiadas para a elaboración de manualidades con materiais sostibles, tradicións doutros lugares de Europa e xogo libre . Aforo máx. 20 persoas, previa inscrición

Centro municipal de empresas Accede Papagaio

17:00h – 18:30h. Obradoiro de empoderamento fiscal e económico (de balde, previa inscrición, persoas adultas).

  • Imparte: Helena Sanmamede. Étikas.Socia de Zocamiñoca.

18:30h – 20:00h. Obradoiro de experimentación sobre autocoidados en saúde. (Centro municipal de empresas Accede Papagaio) Actividade para persoas adultas e maiores de 11 anos. Aforo máx. 20 persoas, previa inscrición

  • Imparte Estefanía Zardoya. Médica de familia e asesora en saúde. Socia de Zocamiñoca.

Salón de Actos Centro Cívico Monte Alto

17:00h – 18:30h. Solucións aquí e agora. O Plan Alimentario 2014-2022 nas Mariñas Coruñesas.

  • Modera: Laura Castro
  • Balance 5 anos despois: obxectivos, retos e oportunidades. Jorge Blanco Ballón. Xestor Reserva Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" .
  • Asociación e Escola Infantil Municipal A Caracola (Novo Mesoiro, A Coruña): o proxecto de comedor ecolóxico. Beatriz Ferreira. Directora do Centro.
  • Escola de Agricultura Ecolóxica Raíña Paraíso (Vilasantar). Producir en ecolóxico para a integración social. Raquel Freire.

18:30h – 20:00h. Mesa Redonda. Economía social en Galicia: cando a alternativa se fai norma.

  • Modera: Espazocoop: Constantino Gago.
  • Panxea consumo responsable, Coop (Santiago de Compostela). Estéban González.
  • Zocamiñoca, consumo responsable, Coop (A Coruña). Marcial Blanco.
  • Outra forma de vivenda (A Coruña). Ramón Segura.
  • Arbore consumo consciente, S. Coop. Galega (Vigo). Cándido Martínez.
  • Nosa enerxía, S. Coop. Galega (Galicia). Ángel Montero Campos.
  • Bico de grao, S. Coop. Galega (Lugo). Amaia Santamarta.
  • Mercado da terra, S. Coop. Galega (Lugo). Vito Santalha.

Peche lúdico

20:30h – 21:30h. Monólogo Chusco e Bruneti. Cervexería Artesá Caneca Furada (Rúa Panadeiras, 20, Baixo). Actividade de balde con pincho de cortesía preparado por produtoras de Zocamiñoca.

DOMINGO 1 DE DECEMBRO (CAMPO DA LEÑA)

11:00 – 17:00h. Posto Zocamiñoca e produtoras de proximidade, con información a persoas interesadas e venda de produtos da cooperativa.

12:30h – 13:30h. Mesa Consumo responsable a pequena escala, coa participación de grupos de consumo da provincia da Coruña.

  • Grupo de consumo Carballo. Diego e Sonia
  • Millo Miúdo(Oleiros). Coqué Saavedra
  • Zocamiñoca. Maru Regueiro
  • Grupo de consumo Orro. Luz Manso

13:30h – 14:30h. Sesión vermut Festa X Aniversario da Cooperativa Zocamiñoca, amenizada pola cantautora Sofía Espiñeira.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel