Once colectivos galegos forman unha rede de consumo alternativo ao modelo antinatural e especulativo imperante.
O xoves 27 de novembro pasado, tras seis longos meses de xestación, nacía en Santiago de Compostela a Rede Galega de Consumo Responsábel e Consciente, con once colectivos que agrupan máis de 1.500 asociados e asociadas e que facturan ao longo do ano preto dun millón de euros.

A iniciativa nace nunha contorna xeral no que a progresiva conciencia polas persoas de que o consumo ten fortes consecuencias culturais, sociais, económicas e ambientais, e a posta en cuestionamento dun sistema de produción antinatural e especulativo desenvolvido pola industria desde a segunda metade do século XX, ten provocado por un lado varias loitas en todo o mundo contra algunhas das corporacións que son responsábeis dun modelo consumista e explotador e polo outro, o nacemento de organizacións que propoñen outro modelo de consumo, un consumo consciente e sustentábel.

Ler máis...

Milleiros de persoas chegadas de toda Galiza convertiron a praza da Quintana nun escenario dende o que se clamou pola vida. A   vida dos nosos mares e da nosa terra. A vida da nosa xente, dos coetáneos e dos vindeiros. Un berro que advirte aos gobernantes que non hai diñeiro suficiente para mercar o mellor patrimonio dos galegos. Que a dignidade non ten prezo. Escribía García Lorca que na Quintana dos mortos bailaba a triste lúa coronada de toxos. Hoxe foi o sol o que alumeou un acto no que se reivindicou a comunión do home co seu entorno.

 

 O pasado ano tivo lugar en Compostela outra manifestación de GNSV que conseguíu reunir a 10.000 persoas. Naquel intre os problemas mais denunciados polos manifestantes foron os que ameazaban convertir o litoral, as rías galega, os lugares protexidos como o Courel, ou mesmo a Terra Chá, en suculentos negocios para multinacionais máis interesadas en esquilmar a riqueza desta terra que evitar o empobrecimento dos galegos. A pesar dese clamor popular en defensa dun hábitat respectuoso co medio ambiente e garante de fonte de riqueza para os galegos, o goberno non modificou un ápice a súa política de beneficiar ás grandes empresas enerxéticas, acuícolas, mineiras e inmobiliarias.

 

Esta actitude desdeñosa dos nosos gobernantes cara ás xustas reivindicacións da sociedade galega propiciou que hoxe esta tivese que tomar de novo as rúas de Compostela para demandar dunha vez  por todas un cambio de rumbo. A resposta dos galegos foi inequívoca e xa non se poden expoñer razóns de interese  xeral para seguir vendendo ao capital o que é dos galegos. Ao final do traxecto, despois de percorrer o admirábel casco histórico de Compostela, nas mesmas escaleiras da praza que simbolizan a liña divisoria entre  a Quintana dos mortos e a dos vivos, foi lido un manifesto consensuado pola totalidade das asociacións convocantes da mobilización. Nel se incidía nas nefastas políticas ambientais que devastan os recursos naturais de Galiza e alimentan unha orde social inxusta e insustentábel.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

 

ANT TV achegouse ás propostas de diferentes cooperativas que apostan por formas de consumo alternativas á dominante: a explotación racional e sustentábel dos recursos e a produción respectuosa co medio e cos traballadores fronte ao consumo sen control e ás cadeas de produción en que os intermediarios levan a maior parte do beneficio.

{youtubejw width="450"}765fIb3d5Vc{/youtubejw}

 

 

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto, inxusto e insustentabel modelo económico e social.

Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

galizanonsevende.org

 
 O grupo de consumo responsábel Zocamiñoca da Coruña organiza os días 26, 28 e 29 de novembro unhas xornadas tituladas I Xornadas de Consumo Consciente e Responsábel. Terán lugar no Kiosko Alfonso da cidade herculina e pretenden ser o catalizador para crear unha cooperativa de consumo consciente na cidade coruñesa. A asistencia é libre, non é preciso ningunha preinscripción.
Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel