xornadas patrimonio

O día 5 de abril, no salón Azul de Betanzos, a partir das 10h da mañá, teremos a oportunidade de coñecer o labor das asociación implicadas na defensa e divulgación do noso rico patrimonio, así como o seu papel na dinamización das comunidades locais. As 6.30 da tarde, comenzará unha mesa redonda coa presenza de investigadores, profesores, persoas de recoñecido prestixio que nos ofrecerán a súas imprescindibles reflexións sobre as distintas estratexias de actuación no territorio.

O día 6 de Abril terá lugar un roteiro polo castro das Travesas e Monte da Estrela.

É necesaria a inscripción para ambas xornadas no correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Máis información: http://roxinroxal.blogaliza.org/

 

A asociación ecoloxista Amigos da Terra ven de poñer en marcha a campaña Alimentos Quilométricos coa que pretende dar a coñecer os impactos asociados ao consumo de produtos alimentarios que proveñen de zonas afastadas do seu destino de consumo.
A iniciativa inclúe unha web na que se poden calcular as emisións de C02 da nosa cesta da compra, en función dos quilómetros que percorreu dende o lugar de produción ata a nosa mesa.

O obxectivo da campaña é fomentar unha toma de consciencia sobre a problemática alimentaria, e promover alternativas de consumo que reduzan os custos ambientais, sociais, e tamén financeiros da nosa alimentación. "Consumir produtos locais e de calidade é posible, é factible e sobre todo é saudable para ti e para o teu entorno"

 

Herbas medicinais

O vindeiro domingo 9 de marzo a partir das 10:30 no local social de Santa Margarida en Montemaior (A Laracha).

Constará dunha charla arredor das herbas medicinais a cargo do enxeñeiro forestal David Allo e a fitoterapeuta Maite Prego. Ao rematar a charla, terá lugar unha ruta interpretativa de recoñecemento de herbas medicinais.
Cada persoa levará o avituallamento que precise para pasar o día (bocadillo, bebida...)
A inscrición é gratuíta a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , mensaxe de facebook e nos teléfonos 627275677/ 696155232. Tamén vos podedes inscribir no horto ecolóxico do Concello de Carballo (rúa Nardos), que estamos dinamizando desde a asociación Senda Nova. Alí podédesnos atopar mércores, xoves e venres de 16:00 a 19:00 horas. Tamén estamos alí o sábado pola mañá (10:00 a 13:30), sempre e cando non nos teñamos que trasladar aos muros do casco urbano carballés, nos que estamos a desenvolver o proxecto Pintamos Moito. Máis información sobre as actividades da asociación ambiental Senda Nova en http://www.sendanova.org/

Corunha Baleira

A Plataforma cidadá Proxecto Cárcere abre a convocatoria fotográfica "Coruña Baleira" ata o 13 de Maio para visibilizar os espazos, que como o antigo cárcere da Torre, están en desuso na nosa cidade. As imaxes recibidas serán expostas no blog e redes sociais de Proxecto Cárcere e unha vez remate a convocatoria serán utilizadas en accións reivindicativas organizadas pola Plataforma.

Para mais información visitar a sección "Coruña Baleira" no blog de Proxecto Cárcere (http://proxectocarcere.blogaliza.org/coruna-baleira/) ou contactarnos no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Feira de sementes en Betanzos

O sábado 15 de febreiro haberá un novo encontro da rede. Desta vez toca perto, será en Betanzos, na Praza do Campo (Irmáns García Naveira). Polo momento aínda non está pechado o programa, pero xa temos un adianto:

  • 10.00h Apertura da feira.
  • 11.00h Apertura da mesa de troco.
  • 12.00h Obradoiro de " Plantas que curan plantas. Purines e extractos vexetais para a horta".
  • Obradoiro para crianzas.
  • 14.00h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir!
  • Obradoiro para crianzas.
  • 18.30h  Charla-Debate "Apropiación dos recursos naturais por parte das oligarquías e o Estado".
  • 19.00 Peche da mesa de troco.
  • Ao longo do día: música para acompañar a xornada, feira de produtores ecolóxicos e artesáns e xogos para crianzas.
  • A mesa de troco de sementes estará pechada de 14.00 a 16.00h
  • Haberá carpas e en caso de temporal a xornada será no Matadoiro (Rúa José García Acuña/Rúa Marina, Betanzos)

Máis información na web da Rede Galega de Sementes: http://redegalegadesementes.wordpress.com

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel