O grave incendio destes días nos concellos de Mazaricos e Carnota, ademáis de afectar a un espazo natural único como o Monte Pindo e a súa contorna, afectou gravemente á economía rural da zona. En concreto, a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa viu afectada a maior parte da súa explotación: cultivos de horta, sementeiras, froiteiras, invernadoiros e colmeas. Agora mesmo están incomunicadas, sen internet, teléfono fixo e tan só con cobertura parcial por móbil. Traballan en intentar salvar o pouco que queda, e organizarse para comezar a recuperación da súa explotación. Nas próximas semanas orgarizaránse xornadas de voluntariado para axudarlles nesta dura tarefa. Hai moito que facer, e a dura batalla desta cooperativa por dignificar o rural, o ecolóxico, o emprego local, ... sufriu un duro golpe, axudémoslles a recuperarse! Informaremos das novidades.

Lume na Cooperativa Rainha Lupa

As declaracións que fixeron a prensa foron:

A Cooperativa Agrícola Raínha Lupa de Quilmas (Carnota) denuncia os graves danos que lle provocou o incendio do Monte Pindo. En concreto, o lume da noite do mércores arrasou coas súas plantacións de árbores froiteiras autóctonas así como cunha de cítricos. Ademáis, queimou as súas colmeas así como parte dos seus invernadoiros. Na práctica, o lume do Pindo queimou toda a superficie agraria de Quilmas e doutras aldeas da contorna.

Dende a Cooperativa Agrícola Raíña Lupa denuncian a falta de axudas por parte do goberno da Xunta de Galicia para paliar os danos desta catástrofe. Lembran que "o que está a pasar agora no Pindo foi o mesmo que pasou en agosto de 2005. Tamén daquela os gobernantes viñeron aquí a sacar a foto e a prometer axuda para os labregos polos danos causados, pero non houbo nada de nada, incumpriron as súas promesas, igual que as van incumprir agora", engaden.

Neste sentido, advirten de que "se o goberno da Xunta de Galicia non fai unha verdadeira política de prevención de lumes forestais e apoia aos labregos e labregas, o que sería moito menos custoso para a administración que os centos de millóns destinados ás empresas de extinción, estas traxedias volverán repetirse cíclicamente". Por iso, dende a cooperativa Raíña Lupa conclúen que "coas súas políticas, o goberno de Feijóo está provocando que os labregos e labregas de Galicia sexan unha especie en vías de extención".

A situación en Quilmas é de total alarma. Coas producións de froitais e varios invernadoiros destrozados polas lapas, agora toca poñerse actuar. Ademais estiveron 3 días prácticamente incomunicados (sen internet, nen fixo nen moita cobertura de internet e con cortes de enerxía frecuentes) e traballando muito para poder salvar o que queda, botando auguiña ás prantiñas que sobreviviron e ás abellas. "Aínda non temos un plan de actuación claro pero polo momento temos que trasladar as abellas até Lira (ao monte veciñal que nos ceden os compañeiros de aló) para que poidan pasar un ano e sobrevivir", afirman.

Fonte: Que pasa na costa

Ademáis pedimos a maior participación nos eventos reivindicativos convocados polas organizacións socias:

  • Roteiro reivindicativo "do negro ao verde" polo Monte Pindo (sábado 28 de setembro ás 11h, con saídas simultáneas desde O Pindo, Caldebarcos e O Fieiro). Pola declaración inmediata do Monte Pindo como Parque Natural e a declaración do Concello de Carnota como "zona catastrófica".
  • Manifestación nacional para esixir un cambio radical na política forestal da Xunta de Galicia e no tratamento das problemáticas dos espazos naturais protexidos. Domingo 6 de outubro, ás 12h desde a Alameda en Santiago de Compostela.

recolleitaherbas130824

Gatocan, Zocamiñoca e Chac Chic Chac únense para promover este encontro, no que Maite nos ensinará a recoñecer herbas ao noso alcance na cidade para uso medicinal e/ou comestible. A actividade é gratuíta pero compre inscrición, e acéptanse aportacións para a asociación Gatocan e os animais que coidan.

Inscricións: Adriana (646970924) - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

JailArt-pc
 

 O sábado, 29 de xuño terá lugar a inauguracion do "Jail Art, arte polo cárcere"
 
Programa:

12h30 : Inauguración da exposición do JailArt con Carlos Botana
13h00 : Leitura do manifesto S.O.S. Cárcere da Torre
14h00 : Xantar autoxestionado. Trae algo de comer para compartir. Proxxecto cárcere terá un pequeno bar para as bebidas.

Espazo de creación aberto e autoxestionado. Durante todo o día poderás disfrutar ou ofrecer actividades musicais, teatrais, artisticas....o que desees. Só tes que enviar email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando actividade á Laura Sánchez.


entre todas e todos, podemos facer deste soño unha realidade!!!!
 
 

 

Asamblea Ordinaria

  Convocatoria dunha nova asemblea ordinaria da cooperativa. O único tema da orde do día será a aprobación das Contas Anuais do exercicio económico 2012.      

Día: venres 19 de xullo.
Hora: Primeira convocatoria ás 19:30h e segunda convocatoria ás 20:00h.
Lugar: Local da Cooperativa Zocamiñoca, na Avenida dos Caídos, 199.
Orde do día: Presentación e aprobación das Contas Anuais do exercicio económico 2012.
 

Novo local ZM

      Ao ser en horario de tarde-noite, no que os centros cívicos pechan, celebrarémola no noso novo local de Avenida dos Caídos, 199.

Se é posible levade unha cadeira ou un coxín (como prefirades), xa que no local tan só temos 10 cadeiras, que non chegarán para todas.

 

 

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel