CONsumARTE

AMARANTE Setem inicia o seu programa formativo sobre
Consumo Responsable e Teatro de Rúa
 

AMARANTE Setem inicia o seu programa formativo sobre consumo responsable e teatro de rúa que se desenvolverán nas distintas cidades de Galicia. Este curso está pensado para adquirir, dunha banda, un coñecemento sobre o impacto do actual modelo económico e de consumo e o seu impacto na sociedade e as alternativas que existen máis achegadas ós dereitos das persoas e os seus pobos.  Doutra banda, tamén adquiriranse ferramentas prácticas de cómo visibilizar esta situación á sociedade  a través do teatro de rúa. Para dita formación contaremos coa presenza de distintas organizacións especializadas nestes temas e a actriz e monitora de teatro Esther F. Carrodeaguas.

Este primeiro curso, dos tres que se realizarán, será en Compostela entre os días 11 e 16 de decembro.

 
Ler máis...

Terractiva
 
 
O 17 e 18 de Novembro celebrase o Festival Terractiva 2012. A feira ecolóxica que se leva celebrando en Arzúa desde fai xa uns cantos anos, con espazo para stands de produtoras ecolóxicas e organizacións relacionadas, comedor vegano, obradoiros para nenas e para maiores, charlas, actuacións musicais e teatrais, etc. O programa pódese consutar na páxina web http://www.terractiva.org

Zocamiñoca acude a esta feira como parte dun stand compartido con outros grupos de consumo responsable: A Cova da Terra (Lugo), Panxea (Compostela) e Árbore (Vigo). Estaremos informando ás asistentes do que é o consumo responsable, que grupos hai nas diferentes partes do territorio, o porque da necesidade de consumir de xeito responsable.

Ademáis da información derivada do stand, haberá unha charla-mesa redonda sobre consumo responsable, o sábado a última hora da mañá, nunha das aulas do recinto.
 

 

Curso Facilitación

Impartido por
César Fernández Fernández. Membro de IIFAC-E (Instituto Internacional de Facilitación e Cambio).

Introdución
A Facilitación é o conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas para crear as condicións que permitan un desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais e persoais; tanto na consecución dos seus obxectivos e realización da súa visión, como na creación dun clima relacional onde abunde a confianza e unha comunicación fluída, empática e honesta.
A educación ambiental, ferramenta necesaria para alcanzar unha sociedade sustentable, ten na participación social e na organización comunitaria alicerces para as transformacións sociais que se perseguen. A Facilitación significa poñer a conciencia xunto coas nosas interaccións, apoiando a diversidade e o noso propósito común. Os conflitos son naturais e poden ser creativos e produtivos. Pero, sen facilitación os conflitos son custosos. Repítense e escalan e minan a nosa resolución e o espírito de equipos e organizacións. A Facilitación fai a diferenza.

A quen vai dirixido
Todas as persoas interesadas en desenvolver e potenciar as súas habilidades relacionadas co traballo con grupos, equipos de traballo, colectivos e organizacións.

 

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel