Produtores

 

En referencia ao produto fresco, actualmente nos suministran sete produtoras cercanas de vexetais frescos, nun radio máximo de 50 kilómetros á cidade, e unha produtora máis que se atopa a uns 100 kilómetros. Unha destas produtoras tamén nos sumistra ovos e queixo fresco. En canto á froita, ademáis dalgunha froita que puntualmente nos ofrecen as produtoras de vexetais, temos un par de produtoras de mazás no entrono próximo, e estamos entrando en contacto con produtoras máis lonxanas para garantir o suministro futuro de froita cunha maior variedade.

Tamén estamos traballando con dúas produtoras de pan, unha na cidade da Coruña e outra de Santiago de Compostela, e recentemente empezouse a traballar cunha produción de lácteos (leite, queixos e iogur).

No referente a outros produtos, estamos realizando un traballo de investigación que nos permita chegar á produtora ou fabricante directamente, para así poder coñecer de primeira man as orixes do produto e o proceso de produción (en caso de que sexa transformado). Conforme esta investigación avance, pouco a pouco iremos incorporando produtos a disposición das socias.

Mapa de produtores


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel