Citrus x sinensis, Citrus x aurantium (científico), Naranja (castellano), Orange (english).

Substancias: hidratos de carbono (9%), proteínas (0,8%), graxas (0,2%), fibra (2,3%), vitaminas A, C, ácido fólico, vitamina B9, potasio, calcio, ácido citríco, carotenoides, flavonoides, ácidos fenólicos, terpenos amargos, cumarinas; as vermellas (variedade sanguina) teñen antocianinas.

Propiedades: aumenta a resistencia aos trastornos infecciosos, como a gripe e o arrefriado, protexe fronte ao cancro e axuda a regular o colesterol. Destaca o seu contido en aceites esenciais terpénicos e o flavonoide hesperidina, que aumenta a eficacia da vitamina C. Contén máis de 60 flavonoides con efectos antioxidantes, anticanceríxenos e antitrombóticos. Protexe de enfermidades cardiovasculares: anxina de peito, infarto de miocardio, trombose e infartos cerebrais. A vitamina C, os flavonoides e a pectina reducen o colesterol e evitan a oxidación do colesterol “malo”; o potasio e a vitamina C axudan a baixar a tensión arterial, o ácido fólico baixa a homocisteína do sangue. Potencia o sistema inmunolóxico do organismo: aumenta os glóbulos brancos, aumenta o interferón (unha substancia antiviral do organismo), etc. A vitamina C potenciase polos flavonoides e outros antioxidantes da laranxa e todos protexen ao pulmón dos contaminantes atmosféricos oxidantes (fume de tabaco, ozono, óxidos de nitróxenos). A vitamina C ten certo efecto antihistamínico. A pectina axuda a eliminar o chumbo e outros metais pesados do intestino.

Aproveitamento: mellor a froita enterira; usar laranxas vermellas (sanguinas) polas súas antocianinas; convén tomar o zume recén feito; unha ou dúas laranxas ao día son suficientes para conseguir moitos dos seus efectos benéficos; escoller sempre laranxas ecolóxicas, as convencionais están enceradas con funxicidas e teñen menos nutrintes.

Mitos: non é a froita con máis vitamina C; non só é boa pola mañá; é falso que combine mal co leite.

Riscos: erosiona os dentes se se toma moita, é mellor tomar o zume con palliña.

Citrus x lemon (científico), Limón (castellano), Lemon (english).

Subtancias: hidratos de carbono (3,2%), proteínas, graxas (0,6%), fibra (2,8%), vitamina C, potasio, flavonoides, ácidos fenólicos, monoterpenos limonoides, ácidos orgánicos (cítrico, málico, acético e fórmico).

Propiedades: contén nutrintes e fitoquímicos que protexen do cancro, das enfermidades cardiovasculares e outras enfermidades dexenerativas. Os seus flavonoides fluidifican e melloran a calidade do sangue e aumentan a eficacia das células inmunitarias na loita contra as infeccións. A vitamina C e os flavonoides realizan unha importante acción antioxidante. A vitamina C inhibe a formación de nitrosaminas canceríxenas. Os fitoquímicos limonoides estimulan as enzimas do fígado que loitan contra as substancias canceríxenas: protexen contra cancros de estómago, colon, pulmón e fígado. A pectina impide que o colesterol dos alimentos sexa absorbido polo intestino. Os limonoides baixan o colesterol LDL. O limón ten efecto antiséptico. O seu efecto astrinxente pode ser útil en diarreas para evitar a deshidratación.

Aproveitamento: exprimido e rebaixado con auga (limonada) ou misturado con outros zumes menos ácidos; consumir tamén a fibra residual; como aliño en ensaladas.

Mitos: non destrúe os glóbulos vermellos.

Riscos: evitar un alto consumo da cáscara; pode provocar erosión do esmalte dental, usar palliña. Evitar en caso de estrinximento. Non inxerir as pepitas, conteñen ácido cianhídrico. 

Pyrus (científico), Pera (castellano), Pear (english).

Substancias: hidratos de carbono (12,4%), proteína (0,5%), graxa (0,3%), fibra (2,8%), potasio, boro, taninos, sorbitol, ácidos orgánicos (málico e cítrico).

Propiedades: de fácil dixestión e refrescante, é das froitas menos alérxicas. A pectina reduce os niveis de colesterol e retarda o paso da glucosa dos alimentos ao sangue. Debido aos seus azucres facilmente asimilábeis e á fibra solúbel e insolúbel, axuda a regular a función intestinal e favorece o desenvolvemento óptimo da flora. O potasio e o boro contribúen a manter a densidade ósea e o risco de osteoporose así como a regular a tensión arterial. A pera de auga emprégase no tratamento natural da diverticulite intestinal, é dixestiva, laxante e diurética

Aproveitamento: comela fresca, en macedonia ou zumes recén feitos. Deben ser pezas maduras, mais firmes ao tacto.

Riscos: os zumes poden producir diarrea (sobre todo aos nenos).

Manzana (castellano), Apple (english).

Substancias: proteínas (0,3%), hidratos de carbono (11,8%), graxa (0,4%), fibra (2,3%), vitamina C, potasio, flavonoides, ácidos orgánicos.

Propiedades: boa parte dos seus beneficios débense ao seu contido en quercetina, substancia antioxidante e antiinflamatoria; menor risco de padecer cancho de pulmón; podería previr tumores de colon e de pel. A pectina é unha fibra vexetal solúbel en auga. No intestino exerce importantes funcións: favorece o tránsito intestinal e evita o estrinximento, secuestra ácidos biliares e reduce o colesterol do sangue, retrasando o paso da glucosa ao sangue co que mantén o azucre en sangue. A pectina ten a facultade de atrapar tóxicos importantes e acumulativos como son os metais pesados (chumbo, mercurio). Os fitoquímicos interesantes da mazá están na polpa e na pel, especialmente esta. Prevén enfermidades cardiovasculares. A cantidade de potasio en relación co sodio confírelle un poder diurético que favorece o descenso da tensión arterial. A súa riqueza en taninos confire á mazá un certo poder astrinxente e antidiarreico. É válido para a mazá enteira, mais non para os zumes, especialmente os zumes industriais. Polo seu contido en potasio, mais tamén en boro, pode favorecer a incoporación do calcio e magnesio aos ósos prevendo a osteoporose. O lixeiro efecto antimicrobiano das mazás e o seu zume débese quizais á quercetina e a outros flavonoides, que no colon se combinan coas propiedades antisépticas do ácido málico e do resto de ácidos orgánicos.

Aproveitamento: unha ou dúas mazás ao día son suficientes para obter case todos os efectos apuntados. Aínda que é preferíbel comela crúa, tamén asada ou cocida aprovéitanse moitos dos seus compoñentes. A pel e o que está inmediatamente por debaixo son ricos en quercetina e outros fotoquímicos anticanceríxenos. Se son ecolóxicas pódense consumir con toda a pel. Hai que escollelas macizas e sen golpes escuros.

Riscos: evitar que as crianzas tomen moito zume, danse casos de diarreas. 

Citrus x paradisi (científico), Pomelo (castellano), Grapefruit (english).

Subtancias: glúcidos (7,4%), fibra solúbel (pectina), vitamina C, potasio, compostos fenólicos, o rosado ten licopeo.

Propiedades: ten propiedades anticanceríxenas, e de protección contra enfermidades cardiovasculares. A vitamina C, os flavonoides e o licopeno son antioxidantes. A pectina reduce os niveis de LDK ou colesterol “malo”; os antioxidantes evitan o dano dos radicais libres ás paredes arteriais; o potasio contribúe a baixar a presión arterial. O licopeno parece previr os cancros de próstata, pulmón, estómago e páncreas. A vitamina C diminúe o risco de cancro de estómago e cataratas. O aceite das pepitas detén o avance de infeccións causadas por bacterias, é un dos antibióticos naturais máis potentes.

Aproveitamento: son preferíbeis os vermellos ou rosados polo licopeno. Os mellores son os mási pesados en relación co seu tamaño. O vermello é máis doce. Mellor inxerilo en zume ou triturado. A pectina está no albedo (zona branca debaixo da pel) e nas membranas, convén inxerilo despois do zume.

Mitos: non adelgaza.

Riscos: aumenta a absorción polo organismo dalgúns fármacos; o seu zume pode producir erosión dental: usar palliña.

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel