p { margin-bottom: 0.21cm; }

Valor nutricional:

  • fonte de vitaminas do grupo B
  • fonte de minerais coma o molidebno, ferro, calcio e fósforo.
  • rica en ácidos grasos esenciais
  • a legume de maior contido proteico (38 % aprox.)
  • moi boa fonte de fitoesterois, fitoestróxenos (isoflavonas) e lecitina


Beneficios terapéuticos:

  • elevado valor nutricional
  • axuda a baixa-lo colesterol
  • as isoflavonas son benéficas para o exceso ou déficit de estrógenos nas mulleres


Aproveitamento: cocida, en formas de tofu, tempeh, salsa de soia, miso...


Riscos:

  • as formas de soia non fermentadas poden interferir na absorción do zinc e do ferro, e tamén poden diminui-la biodispoñibilidade de iodo (por isto é preferible acompañala de algas)
  • a soia en crú (bebida de soia, por exemplo) ten inhibidores da tripsina, e por iso pode ser mal dixerida.
  • a bebida de soia pode causar mucosidades
  • a soia ten gran cantidade de purinas, polo que está contraindicada en persoas con ácido úrico elevado.
  • nalgunhas persoas as proteínas da soia e os seus derivaods non fermentados poden causar alerxias.



zocarede

Rede Galega de consumo responsábel