Componentes maioritarios: auga, proteínas, graxas insaturadas, fibras, minerais, vitaminas, antioxidantes.

Propiedades: boa fonte de vitaminas e minerais. Saciantes. Axudan a activa-lo metabolismo polo que son especialmente recomendadas en dietas de adelgazamento. Boa fonte de antioxidantes, indispensables na loita contra os radicais libres. Axudan a rebaixar o colesterol.

Aproveitamento: as algas secas precisan dun remollo previo ó seu cocinado, o que fai que aumenten o seu tamaño. Pódense cociñar en numerosos pratos, coma guisos, potaxes, purés, paellas, ensaladas,... É recomendable, especialmente no inicio, usar pequenas cantidades de algas para irse afacendo ao sabor.

Riscos: debido ó seu contido en yodo, as persoas con hipertiroidismo non deben abusar do seu consumo.


Principais Algas

KOMBU

En Galicia: Laminaria ochroleuca, Laminaria hyperborea e Laminaria saccharina (kombu de azucre).
Europa: anteriores e Laminaria digitata
Xapón: Laminaria japónica (Makombu)

Componentes maioritarios: Presenta fucosterol. Moi rica en minerais, especialmente K, Ca e Mg. Unha mención especial é o seu alto nivel de iodo. Recoméndase a deixar repousar polo menos 20 minutos en auga fresca para eliminar o exceso mineral.

Propiedades:

• Axuda a controlar o colesterol do sangue
• Axuda a regular a presión arterial e a evitar a hipertensión.
• O seu contido en ácedo algínico e manitol fai que actúe como un limpador natural e eliminador de toxinas para os intestinos, moi útil contra a colite.
• En aplicacións corporais externas beneficia a pel e é moi efectiva para doenzas musculares como tendinite, contusións e artrite.
• Efecto hipolipemiante debido a polisacáridos que actúan como fibras
• Dos lípidos un 25% correponden a EPA, polo que se ten que ter en conta como achega nutricional.

Aproveitamento: debe cocerse xa que é unha alga dura. Vai ben en arroces, sopas de verduras, purés,…e sobre todo cas legumes xa que o kombu as fai máis dixestivas (para iso teñen que deixarse en remollo as legumes xunto cun anaco de kombu, e logo xa cocerse todo xunto).


WAKAME: Xénero Undaria pinnatifida

Compoñentes maioritarios: Alto contido en vitaminas, minerais e oligoelementos, sobre todo destacando os seus niveis de vitaminas do grupo B (concretamente a B1, B2 e B12) e de magnesio, sodio, potasio, calcio e fósforo. Gran contido en fucosterol. Presenta todo-los aminoácidos esenciais e un baixo contido en lípidos (principalmente acedo palmítico e oleico) e glúcidos asimilables.

Propiedades: alta taxa de dixestibilidade, próxima ao 75%. Axuda a baixar o colesterol. A súa inxesta favorece a absorción de calcio e a estimulación da formación ósea. Realizáronse estudos médicos nos que se observaron efectos beneficiosos na prevención de cancro e outras enfermidades.

Aproveitamento: son perfectas para combinar cas lentellas e demais potaxes de legumes ou para paellas de arroz ou quinoa. Neste tipo de pratos non cómpre cocela antes, pódese botar en seco e xa se vai cociñando canda o resto de ingredientes. En revoltos tamén está rica, pero ten que cocerse antes.


ESPAGUETI DE MAR: Xénero Himanthalia elongata

Compoñentes maioritarios: Ten un altísimo contido en ferro (8 veces máis que as lentellas e 20 veces máis que as espinacas), potasio, sodio, fósforo e cantidades importantes de vitamina C.

Propiedades: alta dixestibilidade. Observouse en experimentación animal que ten un efecto depresivo e analxésico no SNC (sistema nervioso central), polo que puidesen ter un lixeiro efecto sedativo ou relaxante. É moi eficaz coma antioxidante. Indicada en xente con anemia ou falta de minerais.

Aproveitamento: Aínda que é unha das últimas especies incorporadas á alimentación humana, trátase dunha das algas con máis personalidade na cociña. Ten gran éxito entre as variedades de algas atlánticas xa que é a que máis concorda coa gastronomía occidental por ter unha textura consistente que lembra as xudías francesas unha vez cociñadas. Ideal para revoltos ou ensaladas. Debe ser previamente cocida uns 15 minutos.


NORI: Porphyra spp.

Compoñentes maioritarios: Considérase a macroalga mariña máis completa nutricionalmente. Moi rica en Taurina (200mg% de peso seco). Unha lámina de nori contén 30-45mg% de EPA (graxa poliinsaturada). Especialmente rica en vitaminas do grupo B, entre as que destaca a B12.

Propiedades: Contén porphyosin, substancia que presenta actividade para combater as úlceras estomacales.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel