Ingredientes:

- copos de millo miúdo ou avea ou quinoa
- leite vexetal ou auga
- tona de limón
- rama de canela
- sementes (sésamo, cabaza, xirasol,...)
- froitas secas e froitos secos
- xarope de ágave ou mel (pasa ser vexetariana se ten mel)
- mazá

Elaboración:

Poñemos nun cazo unha cunca de copos de avea, 4 cuncas de auga fría ou leite vexetal, unha ramiña de canela, un anaquiño de tona de limón, algunhas pasas e/ou orellóns e unha mazá picada. Lévase a ferver e se coce remexendo de cando en vez ata que espese. Mellor non tapalo.

Unha vez no prato pódese engadir un pouquiño de mel ou xarope, e as sementes. É importante usar os copos finos e biolóxicos, que sexan de boa calidade para que o resultado sexa cremoso e agradable ao padal.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel