Ingredientes:

- 1 tofu natural
- 2 culleres de zume de limón
- 2 culleres de vinagre de mazá ou arroz
- 4 culleres de aceite
- metade dun dente de allo
- 1 culleriña de pasta de umeboshi (opcional)
- sal mariña

Elaboración:

Ferver o tofu con auga e un pouco sal durante 10 minutos.

Batir o tofu cos demais ingredientes axustando o sal e engadindo auga ata conseguir textura de iogur.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel