Ingredientes:

- 500 g de azukis
- 100 g de arroz integral
- 100 g de sementes de sésamo crúas
- metade dunha culleriña de comiño moído
- metade dunha culleriña de pementón doce
- alga kombu
- aceite de oliva

Elaboración:

Os azukis hai que deixalos a remollo a noite anterior, cun anaquiño de alga kombu, e logo cócense xuntos en catro veces o seu volumen de auga con sal (aproximadamente 2 horas). Cocemos tamén o arroz (con remollo previo se é integral) e o misturamos cos azukis, o comino, o pimentón e un chorriño de aceite. Ca pasta facemos boliñas, que logo se pasan na sartén con un pouquiño de aceite. Logo van ao forno a temperatura media durante 10 minutos. Pódense rebozar as croquetas con sementes de sésamo.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel