Ingredientes:

- 2 endivias esfolladas
- 2 mazás golden raiadas
- 2 cenorias raiadas
- 6 noces picadas
- 1 cullerada sopeira de zume de limón e outra de vinagre de umeboshi (ou outro…)
- un chisquiño de sal mariño
- mollo de sésamo

Elaboración:

Repartir as follas de endivia lavadas nun recipiente. Mesturar ben a cenoura, a mazá, o zume de limón, o vinagre, as noces e o sal. Formar bólas e colocalas en cada folla de endibia. Botar por riba un pouco de mollo de sésamo ou de tofunesa.

A mollo de sésamo pódese mercar (chámase tahín) ou pódese elaborar na casa.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel