Ingredientes:

- 1 vaso de sésamo crú e torrado na casa
- un pouco de sal mariño
- 1 cullerada sopeira de perixel picado
- medio allo
- zume de medio limón, auga e aceite virxe.

Elaboración:

Triturar o sésamo un pouco nun morteiro, engadir un pouco de sal e triturar un pouco máis ata que se mesture ben co sésamo (isto denomínase gomasio). Engadir o pirixel e allo e machucar canda o sésamo. Agregar o zume de limón, un pouco de auga e aceite. Remexer ben ata conseguir a salsa.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel