Ingredientes:

- cuscús (ou trigo bulgur integral)
- 1 limón
- 1 cebola
- 1 tomate
- 1/2 pemento
- 1 cogombro
- pirixel ou menta
- 2 dentes de allo
- aceite de oliva
- olivas verdes
- garavanzos

Elaboración:

Remóllase un bol de cuscus no dobre de auga fría durante 1 ou 2 horas, ata que a auga sexa totalmente absorbida. Engádese o zume de limón. Trocéanse as verduras e incorpóranse en frío ao cuscus e engádense 5 culleradas de aceite de oliva con 2 dentes de allo raiado e unha culleradiña de sal. Finalmente engádense un presa de olivas toradas.

Pódense engadir tamén un vasiño de garavanzos cocidos, para que o prato sexa máis completo. É un prato refrescante, ideal para o verán e para as persoas que se leven a comida ao traballo.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel