Ingredientes:

- sementes de liño (ricas en W3)
- sementes de sésamo (ricas en W3 e W6)
- sementes de cabaza (ricas en W3 e W6)
- algas deshidratadas (wakame, espaguetti de mar ou arame, por exemplo)

Elaboración:

Tórranse lixeiramente todos os ingredientes, por separado, nunha sartén sen aceite. Mestúranse a partes iguais (ou un pouquiño máis de sementes de liño, se queremos máis W3) e móense nun muíño de café. As sementes moídas se enrancian moi fácilmente, polo que o ideal é facelo ao momento cada día, aínda que se poderían gardar durante dous días meténdoas nun tarro hermético.

Se ademais engadimos coma ingrediente a planta "cola de caballo", a mesma que se usa para infusión (ten moito silicio e potasio), tamén torrada en sartén e moída, convértese nun condimento perfecto para fortalecer os ósos xa que será rico en calcio, magnesio e silicio.

Este condimento pódenos servir para espolvorear nas verduras cocidas, ensaladas, arroz, unha rebandada de pan con aceite, etc.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel