Ingredientes:

- 1 bloque de seitan (picado ou triturado)
- 2 cebolas cortadas a dados
- 6 tomates maduros (escaldados e pelados ou bote de tomate triturado de Amorodo)
- 1 dente de allo picado fino
- 3 cenouras raiadas finas ou trituradas
- 1 tira de apio cortado fino (opcional)
- 2 follas de loureiro
- un chisquiño de asubiote seco e/ou ourego seco- aceite de oliva virxe
- sal mariño sen refinar
- salsa de soia
- pementa negra ao gusto
- asubiote fresco

Elaboración:

Saltear as cebolas e o allo con 3 culleradas de aceite de oliva e sal mariño, sen tapa. Engadir a cenoura e cando estea pochado engadir o tomate e as herbas aromáticas. Tapar e cocer a lume baixo 20 minutos.

Pasar por outra tixola, con aceite de oliva, rapidamente o seitán triturado engadir unha cullerada de salsa de soia; engadir isto á salsa de tomate, pór pementa negra e asubiote fresco.

Servir con pasta integral.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel