Ingredientes: (para unha cunca)

- 1 culleiriña de miso sen pasteurizar
- 1 culler de algas Wakame
- 1 culler de Tamari

Aclaración: Elixir un miso de calidade, de cultivo orgánico e sen manipulación xenética. O miso genmai (soia e arroz) ou mugi (soia e cebada) son máis suaves que o tipo hatcho (só soia). Debe especificar que non está pasteurizado. Na tenda ten que estar na neveira, non merquedes os que están nas estanterias sen refrixerar.

Elaboración:

Cortamos en anaquiños as algas wakame e as cocemos durante 5 minutos. Unha vez retirado do lume engadimos o Miso, removéndoo ben, e posteriormente engadimos o Tamari. Pódese tamén preparar Miso a partir dun caldo xa preparado de verduras (allo porro, nabo, shiitake, apio, unhas follas de acelga, ...) e alga Kombu.

O caldo de miso e algas pódese engadir tamén a outros pratos para facelos máis saborosos (lentellas, cremas de verduras, ...). Hai que ter en conta que o Miso haino que engadir no momento, e que non debe ferver, xa que destruiría a súa riqueza encimática.

 


Propieades do Miso:

O proceso de fermentación da soia e o cereal transforma o alimento, convertíndoo en algo realmente superior. Nese proceso predixírense parte dos nutrientes, xerándose grande cantidade de encimas dixestivas (proteasas, lipasas, amilasas), resultando un alimento moi encimático e favorecedor das dixestións. Por iso se debe tomar sempre como primeiro prato. Ás persoas con dificultades dixestivas, que se sinten hinchadas despois de comer, ou a quen as verduras crúas lles resultan indigestas, a sopa de miso sentalles moi ben.

Por outra banda, as bacterias responsables da fermentación producen gran cantidade de lactobacilos, polo que é un excelente rexerador da flora intestinal. Na fermentación tamén se producen vitaminas do grupo B, sendo especialmente interesante o seu contido en vitamina B12, unha vitamina esencial para a formación de glóbulos vermellos, O miso, a alga espirulina e os fermentados vexetais (pickles) son unhas das fontes vexetais desta vitamina, o que é moi interesante para os veganos.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel