Ingredientes:

- 200 g de fariña de quinoa (tamén pode ser fariña de trigo sarraceno, ou misturándoas con fariña de millo)
- 75 g de améndoa moída (ou coco raiado, ao gusto)
- metade dunha culleriña de canela
- raiadura de limón ou laranxa
- 1 ou 2 culleriñas de estevia líquida ou en pó ou de sirope de ágave ou 90 g de azucre de cana integral
- 75 ml de aceite de oliva
- 2 ovos

Elaboración:

Mistúranse tódolos ingredientes ben e se deixa reposar a masa unha hora na neveira. Logo fánse boliñas ca masa e dáselles forma de galletas.
Métense no forno a 190º durante 10 minutos.

* Se queremos facer galletas de algarroba podemos poñer uns 75 gramos de fariña de algarroba e logo, ata os 200 gramos, outra fariña. A fariña de quinoa e trigo sarraceno serve para celíacos.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel