Como funcionamos

Actualmente estamos traballando na definición da estrutura da cooperativa. Esta estrutura plasmará unha serie de ideas básicas que rexirán o seu funcionamento:

  • A importancia das persoas. A diferencia doutros proxectos económicos, o capital é indiferente á hora de decidir o rumbo da cooperativa. O valor humano prima, polo que unha persoa non ten maior ou menor valor en función do capital aportado.

  • A importancia da implicación. O funcionamento real da actividade e as súas necesidades, levará a que as persoas máis implicadas no día a día da cooperativa serán tamén as que máis capacidade de decisión terán de dirixir o rumbo da actividade.

O último nivel de funcionamento o constituirán os grupos de traballo. Será onde as persoas que forman parte da cooperativa poderán colaborar nas diferentes tarefas que se requiren dentro da mesma.

Neste momento existen os seguintes grupos de traballo en funcionamento:

  • Grupo de Traballo de Produtores: Encargado de buscar e contactar cos produtores, tanto de alimento fresco como doutro tipo de produtos.

  • Grupo de Traballo de Comunicación: Encargado da comunicación interna e externa da cooperativa, tanto con persoas individuais como con medios de comunicación, institucións, asociacións, etc.

  • Grupo de Traballo de Local e Infraestruturas: É un grupo de traballo provisional antes da posta en marcha da cooperativa. Encargarase de buscar un local adecuado para a actividade e tamén do material e infraestruturas necesarias para a posta en funcionamento.

  • Grupo de Traballo de Estrutura Organizativa: Definirá a estrutura organizativa da cooperativa, así como os protocolos de funcionamento das diferentes entidades.

  • Grupo de Traballo de Xestión Económica: Encargado de definir un plan de viabilidade para o proxecto, así como da búsqueda de subvencións ou outro tipo de contactos económicos coas institucións públicas. Asimesmo estará ao tanto da saúde económica da cooperativa.

  • Grupo de Traballo de Web: Encargado da construción dunha web operativa para a cooperativa, asi como do seu mantemento. Colaborará tamén coas necesidades informáticas que xurdan.

  • Grupo de Traballo de Deseño: Encargado da creación do logo e as imaxes corporativas da cooperativa, asi como de crear materia gráfico necesario, tanto para a web como para outros usos.

  • Grupo de Traballo de Educación: Traballará para a difusión mediante charlas, xornadas, coloquios, unidades didácticas, talleres, etc.

  • Grupo de Traballo de Documentación: Encargarase da xestión da librería da cooperativa. Seleccionará libros ou revistas a adquirir, elaborará un sistema de xestión do préstamo e levará o seu control. Tamén buscará e ordenará documentos en papel e en formato informático.

  • Grupo de Traballo de Saúde: Traballará na búsqueda de información en relación á saúde, tanto na alimentación, na curación ou nos hábitos de vida. Elaborará informacións resumidas para difundir e informar dentro da cooperativa.

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel