Proceso Constituinte

O grupo promotor da cooperativa elaborou un dossier sobre todo o proceso constitutivo de Zocamiñoca.Da idea á práctica.

É un dossier que pode resultar moi interesante tanto ás persoas interesadas en coñecer, máis polo miúdo, a historia de Zocamiñoca, como a todas aquelas persoas e grupos interesados nas posibilidades dun "deseño consciente" nos proxectos sociais, tanto no eido do consumo consciente como en calquera outro ámbito. O obxectivo do dossier non é "dar receitas" sobre como facer as cousas ou copiar experiencias sen adaptalas a cada contexto específico, senón aportar ideas e cuestións prácticas que serviron no caso de Zocamiñoca e poderían servir ou inspirar dalgún xeito outras iniciativas, proxectos, grupos...

 

É por iso que compartimos aquí o traballo, con enlace á visión previa do dossier e opción de descarga:

dossier "Proceso constituínte de Zocamiñoca" (GALEGO)

dossier "Proceso constituyente de Zocamiñoca" (CASTELLANO)

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel